Unidas Podemos pide a liberación inmediata do preso político palestino Fuad Al Shobaki

Gómez Reino: «En 2019 había case 5.500 presos políticos en Palestina, dos que 205 eran menores de idade»
Publicado por o día 28/01/2021 na sección de En Común Unidas Podemos,Política

Unidas Podemos súmase á Unión General de las Comunidades Palestinas en Europa e exixe a liberación inmediata do ancián preso político palestino Fuad Al Shobaki, que permanece na cadea en Israel.

A Comunidade Internacional e, en particular, a Unión Europea, debe presionar ao gobierno de Israel para liberar ao preso político palestino de 81 anos que foi detido e entru no cárcere en 2006 cunha condea de prisión que ascende a 17 anos. Fuad Al Shobaki sofre un grave deterioro no seu estado de saúde debido á falta de atención sanitara que os e as presas políticas palestinos sofren nos cárceres de Israel.

Nese sentido, o Grupo Parlamentario vén de presentar unha iniciativa no Congreso para instar tamén a Exteriores para que Israel cumpra coas súas obrigas no marco da prestación dunha adecuada asistencia sanitaria ás persoas que permanecen en prisión, así como se ten coñecemento o Ministerio dalgunha xestión feita a nivel internacional para conseguir a liberación dos e das presas políticas.

«En 2019 había case 5.500 presos políticos en Palestina, dos que 205 eran menores de idade. Desde Unidas Podemos facemos un chamamento para que se actué en favor da liberación destas persoas, especialmente aqueles presos enfermos, en estado terminal ou de avanzada idade, como é o caso de Fuad Al Shobaki que ademais de sufrir varias patoloxías dixestivas, cardiacas e oftalmolóxicas, foi contaxiado de Covid19», sinalou o vicepresidente da Comisión de Asuntos Exteriores e diputado de Unidas Podemos, Antón Gómez Reino.

Comentar noticia

Your email address will not be published.