VII Encontro Solar na UDC: vén cociñar co Sol!

Publicado por o día 05/05/2019 na sección de ADEGA,Medio Ambiente,Social

VII Encontro Solar na UDC: vén cociñar co Sol!

Incluído na programación Campus, Casa, Cidade: Laboratorios do cambio, o ENCONTRO SOLAR da UDC é unha xornada de celebración, na que organizamos un xantar colectivo, xuntando o maior número posíbel de fornos e cociñas solares, dándolle visibilidade ao aproveitamento desta enerxía limpa e inesgotábel, e tamén, á degustación de pratos variados cociñados co sol.

PROIGRAMA COMPLETO da xornada será o seguinte:

  • 10:30h    Montaxe dos fornos, cociñas e exposición dos aparellos solares
  • 11:30h    Introducimos a comida nos fornos e cociñas
  • 12:30h    Enerxía solar fotovoltaica: Visita a cuberta CITIC* guiada por  J.M. Giz, Técnico Superior de mantementos da UDC. Punto de encontro: mesa da OMA, situada no Aparcamento do Xoana Capdevielle
  • 15:00h    Xantar colectivo e degustación de comida solar
  • 16:30h    Recollemos entre todas as persoas participantes.

Durante toda a xornada:

  • Haberá unha mesa de experimentación e aprendizaxe de distintos aparellos solares (se tes algún aparello que funcione con enerxía solar, non dubides en participar na actividade! Despois farémosche un sitio no banquete)
  • Poderase visitar a exposición itinerante “A Enerxía Solar” da man de ADEGA

*O CITIC é un edificio da UDC que se alimenta de enerxía solar grazas ás placas fotovoltaicas da súa cuberta.

asistencia é libre, pero para participar na cociña con fornos deberás inscribirte en oma2@udc.gal (para podermos reservar o espazo e un forno para ti, se o precisas). Na inscrición indícanos:

Só hai un requisito: pratos, vasos, cubertos, etc. NON PODEN SER DE USAR E TIRAR. Non tería lóxica participar nunha actividade na que nos sensibilizamos no aproveitamento de unha enerxía limpa, na conservación e protección do medio ambiente, consumindo unha morea de recursos que nun anaco serán unha morea de lixo. Podes empregar os da louza cotiá que do mesmo xeito que os traes, regresan a casa, é sinxelo!

Para animarte:
-Encontros anteriores OMA:  http://medioambienteudc.blogspot.com/2017/04/v-encontro-solar-na-udc.html?m=1
-Encontros soilares ADEGA 20152016“time lapse”.
-Degustación de balde para visitantes durante a mañá, a medida que os petiscos vaian saindo dos fornos

SOMBRA: Ao sol só precisan estar fornos e cociñas, desde a organizacion non podemos asegurar sombra para todas as persoas: se tes carpa ou sombrilla, achégate con ela Non esquezas o teu Equipo de Protección Individual: Pucho, Gafas, Crema Solar