5º Concurso de proxectos de Educación Social Memorial Toni Julià

Publicado por o día 15/01/2019 na sección de Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia,Educación,Social

5º Concurso de proxectos de Educación Social Memorial Toni Julià

Consello Xeral de Colexios Oficiais de Educadoras e Educadores Sociais (CGCEES), en colaboración cos Colexios Profesionais Autonómicos de Educación Social, convoca este concurso, que leva o título de ‘Memorial Toni Julià’ en homenaxe a un dos máis importantes precursores da nosa profesión no Estado.

A convocatoria consiste nun concurso de proxectos profesionais realizados por educadoras e educadores sociais ou estudantes de educación social, premiándose as que se consideren máis interesantes e innovadoras, e facilitando a súa difusión.

O concurso é a nivel estatal, e os traballos deben presentarse no Colexio profesional de Educación social da comunidade autónoma na que se desenvolva o proxecto ou onde estea colexiada/o actualmente a persoa que o presenta.

O Ceesg quere colaborar con esta iniciativa de forma activa outorgando ademais un recoñecemento público aos proxectos galegos. Por iso, premiaremos aos proxectos presentados no Ceesg que resulten finalistas (é dicir, que pasen á fase estatal do concurso), co seguinte:

  • Cota de mantemento colexial gratuíta durante un ano.
  • Publicación do traballo polos medios que o Ceesg considere oportunos.
  • Dúas inscricións gratuítas en accións formativas organizadas polo Ceesg.

Bases xerais do concurso

Descargar cartaz

Poden presentarse os proxectos ata as 14:00 h. do 31 de marzo de 2019.