A libraría viguesa Cartabón gañadora por segunda vez nos premios Fervenzas Literarias

Publicado por o día 19/01/2019 na sección de Cultura,Galicia,Vigo

A libraría viguesa Cartabón gañadora por segunda vez nos premios Fervenzas Literarias

Os premios Fervenzas Literarias son uns premios sen dotación económica que recoñecen diversos aspectos do mundo da edición. Son uns galardóns organizados pola revista literatura galega Fervenzas Literarias. Teñen carácter anual e celébranse dende o ano 2007. O sistema de votación é público e funciona a partir dunha enquisa aberta aos lectores entre os meses de decembro e xaneiro. A participación entre 2011 e 2014 superou as 400 votacións

Tras pechar o día 15 de xaneiro o prazo de votacións temos, un ano máis, os resultados onde as lectoras e os lectores de Fervenzas Literarias decidiron o que ao seu xuízo foi o mellor do 2018.

Desde a revista manifestanse dando os agradecementos a todas e todos as doce edicións nas que levan escollendo, a traves de vosos votos, os mellores libros do ano. “Moitísimas grazas, xa que sen ese tempo que dedicades en votar sería totalmente imposible este traballo”, concluen.

Historia da librería Carbón

A libraría Cartabón, inaugurada en 1984 en Vigo, é un espazo que destaca polo seu gran fondo de libro en galego e pola súa oferta de actividades arredor da lectura. Conversamos cos seus experimentados libreiros, Gonzalo Pérez e Maribel Tato, que nos falan dos comezos da libraría, da súa vocación por este traballo e das actividades que alí levan a cabo.

Gañan por segundo ano consecutivo a mellor librería galega nestes premios pola revista literatura galega Fervenzas Literarias.

Aquí a sua paxina Web oficial da libraría Cartabón 

Os gañadores deste galardón

Narrativa
Besta do seu sangue (Xerais) Emma Pedreira

2º Mellor libro de narrativa do 2018: O exército de fume (Xerais) de Manuel Gago

3º Mellor libro de narrativa do 2018: Vivir sen permiso e outras historias de Oeste (Xerais) de Manuel Rivas

4º Mellor libro de narrativa do 2018: Senlleiras (Galaxia) de Antía Yáñez

5º Mellor libro de narrativa do 2018: As Ramonas (Galaxia) de Ana Cabaleiro

6º Mellor libro de narrativa do 2018: A crueldade de abril (Xerais) de Diego Ameixeiras

7º Mellor libro de narrativa do 2018: Fóra de si (Xerais) de Suso de Toro

8º Mellor libro de narrativa do 2018: Campus Morte (Galaxia) de Lito Vila Baleato

9º Mellor libro de narrativa do 2018: A simetría das bestas (Urco) de Alberto Ramos

10º Mellor libro de narrativa do 2018: Tu contas e eu conto (Através) de Susana Sánchez Arins

Poesía
Mellor libro de poesía do 2018: Todo isto antes era noite (Apiario) de Lucía Aldao

2º Mellor libro de poesía do 2018: Corpo (Xerais) de Antón Lopo

3º Mellor libro de poesía do 2018: Resistencia da auga (Chan da Pólvora) de Xabier Cordal

4º Mellor libro de poesía do 2018: Antídoto (Alvarellos) de Emma Pedreira

5º Mellor libro de poesía do 2018: Claus e o alacrán (Espiral Maior) de Lara Dopazo Ruibal Priego

6º Mellor libro de poesía do 2018: Díaspora do amor balea (Caldeirón) de Andrea Nunes Brións e María Rosendo Priego

7º Mellor libro de poesía do 2018: Pantallas (Galaxia) de Celia Parra

8º Mellor libro de poesía do 2018: Memoria do corpo (Galaxia) de Xesús Rábade Paredes

9º Mellor libro de poesía do 2018: As casas (Espiral Maior) de Carlos Lixó

10º Mellor libro de poesía do 2018: A vida salvaxe (AFundación) Gonzalo Hermo

Ensaio-investigación
Mellor libro de ensaio / investigación do 2018: Vivir a galope (Xerais) de María Xosé Queizán

2º Mellor libro de ensaio / investigación do 2018: Contra todo isto (Xerais) de Manuel Rivas

3º Mellor libro de ensaio / investigación do 2018: Feminismos e literatura infantil e xuvenil en Galicia (Laiovento) Montse Pena Presas

4º Mellor libro de ensaio / investigación do 2018: Fariña (Xerais) de Nacho Carretero

5º Mellor libro de ensaio / investigación do 2018: Chámame señora, pero trátame coma a un señor (Galaxia) de Inma López Silva

6º Mellor libro de ensaio / investigación do 2018: Feminicidio (Galaxia) de Carme Adán

7º Mellor libro de ensaio / investigación do 2018: Conversas con Paco del Riego (Xerais) Perfecto Conde

8º Mellor libro de ensaio / investigación do 2018: O colapso territorial en Galiza (Galaxia) de Xosé Constenla Vega

9º Mellor libro de ensaio / investigación do 2018: Novas masculinidades (Através) de Jorge García Marín

10 º Mellor libro de ensaio / investigación do 2018: Fuga e retorno de Adrián Solovio (Galaxia) de Ramón Villares

Teatro
Mellor libro de teatro do 2018: Eroski Paraíso (Kalandraka) de Chévere

2º mellor libro de teatro do 2018: A formiga fóra do carreiro (Galaxia) de Raquel Castro

3º mellor libro de teatro do 2018: Dramaturxia galega actual (AFeira) de VV.AA.

4º mellor libro de teatro do 2018: Tres obras teatrais (Laiovento) de Andrés Pociña

5º mellor libro de teatro do 2018: A derradeira bala (Galaxia) de Fernando Castro Paredes

Banda deseñada
Mellor libro de banda deseñada do 2018: O puño e a letra (Xerais) de Yolanda Castaño e VV.AA.

2º mellor libro de banda deseñada do 2018: A viñeta de Schrödinger (A Mesa pola Normalización Lingüística) VV.AA.

3º mellor libro de banda deseñada do 2018: O bichero VIII (Autoedición) Luís Dávila

4º mellor libro de banda deseñada do 2018: O Corpo de Cristo (Deputación da Coruña) de Bea Lema

5º mellor libro de banda deseñada do 2018: Tam (Retranca Editora) de Anémona de Río

Tradución (público adulto)
Mellor libro traducido para público adulto do 2018: A cámara do sangue e outros relatos (Urco) de Ángela Carter. Trad. de María Reimóndez

2º mellor libro traducido para público adulto do 2018: A peste (Hugin e Munin) de Albert Camus. Trad. de Isabel Soto e Xavier Senín

3º mellor libro traducido para público adulto do 2018: A señora Dalloway (Irmás Cartoné) de Virginia Wolff. Trad. de Celia Recarey Rendo

4º mellor libro traducido para público adulto do 2018: Momentos estelares da humanidade (Kalandraka) de Stefan Zweig. Trad. de Laureano Araujo

5º mellor libro traducido para público adulto do 2018: O ano da lebre (Rinoceronte) de Arto Paasilina. Trad. de Tuula Aloha e Tomás G. Ahola.

6º mellor libro traducido para público adulto do 2018: Kalevala (Rinoceronte) de Elias Lönnrot. Trad. de Tuula Aloha e Tomás G. Aloha.

7º mellor libro traducido para público adulto do 2018: Unha muller perdida (Hugin e Munin) de Willa Carter. Trad. de Antía Veres

8º mellor libro traducido para público adulto do 2018: Canción de solpor (Irmás Cartoné) Lewis Grassic Gibbon. Trad. de Celia Recarey Rendo.

9º mellor libro traducido para público adulto do 2018: A torre (Kalandraka) de Antonio Sandoval Rey. Trad. de Xesús Fraga

10º mellor libro traducido para público adulto do 2018: Unha vida enteira (Rinoceronte) Robert Seethaler. Trad. de Moisés Barcia

Literatura xuvenil
Mellor libro xuvenil do 2018: A balada dos unicornios (Xerais) de Ledicia Costas

2º mellor libro xuvenil do 2018: O bestiario científico de Anxos Nogueirosa (Urco) de Antonio M. Fraga

3º mellor libro xuvenil do 2018: DX (Urco) de Eli Ríos

4º mellor libro xuvenil do 2018: Palabra de bruxa (Galaxia) de Andrea Barreira Freije

5º mellor libro xuvenil do 2018: Iridium (Galaxia) de Francisco Castro

6º mellor libro xuvenil do 2018: O que sei do silencio (Xerais) de Andrea Maceiras

7º mellor libro xuvenil do 2018: Street Poems (Xerais) de Fran Alonso.

8º mellor libro xuvenil do 2018:Fóra do normal (Xerais) de María Reimóndez

9º mellor libro xuvenil do 2018:A filla do minotauro (Galaxia) de Marilar Aleixandre

10º mellor libro xuvenil do 2018: As voces da auga (Baía) de Ánxela Gracián

Literatura infantil
Mellor libro infantil do 2018: Mamá, quero ser Ziggy Stardust (Xerais) de Iria Misa (textos) e Alba Barreiro (ilustracións)

2º mellor libro infantil do 2018: Pioneiras (Xerais) Anair Rodríguez (textos) e Nuria Díaz (ilustracións)

3º mellor libro infantil do 2018: Kusuma (Xerais) Héctor Cajaraville (textos) e María Lires (ilustracións)

4º mellor libro infantil do 2018: As peripecias de Extravaganzza Pérez (Xerais) Ledicia Costas (textos) e Óscar Villán (ilustracións)

5º mellor libro infantil do 2018: A raíña das tortas (Alvarellos) Álex Mene (textos) e Branca G. Crespán (ilustracións)

6º mellor libro infantil do 2018: Os contos da avoa Pepa (Kalandraka) de Francisco X. Fernández Naval (textos) e Manolo Figueiras (ilustracións)

7º mellor libro infantil do 2018: Rosaura e o mar (Belagua) Isabel Blanco (textos) e Luz Beloso (ilustracións)

8º mellor libro infantil do 2018: As cinco castes (Urco) de Mª Victoria Moreno (textos) e Lidia Cao (ilustracións)

9º mellor libro infantil do 2018: Música no faiado (Xerais) de Miguel Ángel Alonso Diz (textos) e Laura Tova (ilustracións)

10º mellor libro infantil do 2018: No país do vento (Galaxia) Charo Pita (textos) e Óscar Villán (ilustracións)

Tradución (LIX)
Mellor libro traducido LIX do 2018: Pippi Mediaslongas embarca (Kalandraka) Astrid Lindgren (textos) e Ingrid Van Nyman (ilustracións). Trad. de David A. Álvarez

2º mellor libro traducido LIX do 2018: O Señor dos Aneis (Sushi Books) J.R.R. Tolkien. Trad. de Moisés Barcia

3º mellor libro traducido LIX do 2018: Coraline (Urco) de Neil Gaiman. Trad. de Tomás G. Ahola

4º mellor libro traducido LIX do 2018: Irmáns! (Algar) de Rocío Bonilla. Trad. de Elvira Riveiro Tobío

5º mellor libro traducido LIX do 2018: A colmea (Baía) Petra Bartíkova (textos) e Martin Sojdr (ilustracións). Trad. de María Reimóndez

6º mellor libro traducido LIX do 2018: O caso do falso accidente (Galaxia) Jordi Sierra i Fabra

7º mellor libro traducido LIX do 2018: Elmer (Kalandraka) David McKee. Trad. de Xosé Manuel González

8º mellor libro traducido LIX do 2018: Os libros de Terramar. Un feiticeiro de Terramar (Urco) Úrsula Kroeber Le Guin

9º mellor libro traducido LIX do 2018: Hai un tigre no xardín (Triqueta Verde) Lizzy Stewart. Trad. de Carmen Pereiro

10º mellor libro traducido LIX do 2018: Cándido e os demáis (Kalandraka) Fran Pintadera (textos) e Christian Inaraja (ilustracións). Trad. de Manuel Rodríguez

Autor/a do ano
Mellor autora do 2018: Emma Pedreira

2º mellor autora do 2018: Ledicia Costas

3º mellor autor do 2018: Manuel Rivas

4º mellor autora do 2018: Lucía Aldao

5º mellor autor do 2018: Antonio M. Fraga

Ilustrador/a do ano
Mellor ilustrador do 2018: Víctor Rivas

2º mellor ilustradora do 2018: Eva Agra

3º mellor ilustradora do 2018: Alba Barreiro

4º mellor ilustradora do 2018: Nuria Díaz

5º mellor ilustradora do 2018: Luz Beloso

Cuberta (público adulto)
Mellor capa de adultos do 2018: Besta do seu sangue (Xerais)

2º mellor capa de adultos do 2018: A simetría das bestas (Urco)

3º mellor capa de adultos do 2018: Todo isto antes era noite (Apiario)

4º mellor capa de adultos do 2018: A cámara do sangue e outros relatos (Urco)

5º mellor capa de adultos do 2018: Campus Morte (Galaxia)

Cuberta (LIX)
Mellor capa de LIX do 2018: A balada dos unicornios (Xerais) de Mónica Armiño

2º mellor capa de LIX do 2018: O bestiario científico de Anxos Nogueirosa (Urco) de Víctor Rivas

3º mellor capa de LIX do 2018: Mamá, quero ser Ziggy Stardust (Xerais) de Alba Barreiro

4º mellor capa de LIX do 2018: Street Poems (Xerais)

5º mellor capa de LIX do 2018: Pioneiras (Xerais) de Nuria Díaz

Editorial
Mellor editorial do 2018: Xerais

2º mellor editorial do 2018: Urco Editora

3º mellor editorial do 2018: Editorial Galaxia

4º mellor editorial do 2018: Apiario

5º mellor editorial do 2018: Kalandraka

Crítica literaria
Mellor crítico/a literaria do 2018: Armando Requeixo

2º mellor crítico/a literaria do 2018: Mario Regueira

3º mellor crítico/a literaria do 2018: Ramón Nicolás

4º mellor crítico/a literaria do 2018: Montse Pena Presas

5º mellor crítico/a literaria do 2018: Berta Dávila

O mellor acontecido
Mellor acontecemento do 2018: Culturgal 2018

2º mellor acontecemento do 2018: Día das Letras galegas para Mª Victoria Moreno

3º mellor acontecemento do 2018: Colección Feminismos de Galaxia

4º mellor acontecemento do 2018: A chegada a Galicia de ‘A derradeira lección do mestre’

5º mellor acontecemento do 2018: O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

O peor acontecido
O peor acontecido no 2018: O falecemento de Xabier P. Docampo

2º peor acontecemento do 2018: Os cambios no Diario Cultural da Radio Galega

3º peor acontecemento do 2018: A política cultural e lingüística do goberno de Galicia

4º peor acontecemento do 2018: A marcha de Manuel Bragado de Xerais

5º peor acontecemento do 2018: A baixada de títulos en galego

 

Mellor Librería
Mellor libraría do 2018: Libraría Cartabón (Vigo)

2º Mellor libraría do 2018: Libraría Lila de Lilith (Compostela)

3º Mellor libraría do 2018: Libraría Couceiro (Compostela)

4º Mellor libraría do 2018: Libraría Miranda (Bueu)

5º Mellor libraría do 2018: Libraría Cronopios (Pontevedra e Compostela)

Medio de comunicación
Mellor medio do 2018: Sermos Galiza

2º Mellor medio de comunicación do 2018: Praza Pública

3º Mellor medio de comunicación do 2018: Luzes

4º Mellor medio de comunicación do 2018: ZigZag da TVG

5º Mellor medio de comunicación do 2018: Diario Cultural da Radio Galega

Blog/web literaria
Mellor espazo literario na web do 2018: A Sega

2º Mellor espazo literario na web do 2018: Caderno da crítica, de Ramón Nicolás

3º Mellor espazo literario na web do 2018: Biosbardia

4º Mellor espazo literario na web do 2018: Lecturafilia

5º Mellor espazo literario na web do 2018: Criticalia de Armando Requeixo