A nova lei de copyright pon en perigo internet. Porqué?

Publicado por o día 30/12/2018 na sección de Internet

A nova lei de copyright pon en perigo internet. Porqué?

A Comisión Europea acaba de aprobar unha nova lei, a lei de copyright, esta lei ven a introducir un novo dereito afín para os editores de prensa que “recoñece o importante papel que desempeñan os editores de prensa ao investir en contidos xornalísticos de calidade e crealos” sendo por primeira vez considerados xuridicamente como titulares de dereitos.

Así, indicaban, “atoparanse nunha mellor posición para negociar o uso dos seus contidos cos servizos en liña que os utilizan ou ofrecen acceso a eles, e en mellores condicións para loitar contra a piratería”.

Detrás destas palabras atópanse os que son os dous artigos máis polémicos e discutidos desta proposta de directiva, os artigos 11 e 13.

Artigo 11: usos dixitais das publicacións de prensa

Protección das publicacións de prensa no relativo aos usos dixitais.

  1. Os Estados membros recoñecerán ás editoriais de publicacións de prensa os dereitos previstos no artigo 2 e no artigo 3, apartado 2, da Directiva 2001/29/CE para o uso dixital das súas publicacións de prensa.
  2. Os dereitos contemplados no apartado 1 non modificarán en absoluto nin afectarán de ningún xeito os dereitos que a normativa da Unión establece para os autores e outros titulares de dereitos, en relación coas obras e outras prestacións incorporadas a unha publicación de prensa. Tales dereitos non poderán invocarse fronte aos autores e outros titulares de dereitos e, en particular, non poderán privarlles do dereito para explotar as súas obras e outras prestacións con independencia da publicación de prensa á que se incorporen.
  3. Aplicaranse mutatis mutandis os artigos 5 a 8 da Directiva 2001/29/CE e da Directiva 2012/28/UE no que respecta aos dereitos mencionados no apartado 1.
  4. Os dereitos contemplados no apartado 1 expirarán aos vinte anos da aparición na publicación de prensa. Este prazo calcularase a partir do primeiro día do mes de xaneiro do ano seguinte á data de publicación.

A pesar do ambiguo que pode resultar o documento, esta iniciativa pretende implantar na Unión Europea unha sorte de taxa Google ou canon AEDE, podendo estar afectadas desde as citas ás ligazóns. O seguinte artigo, o 12, alude ás “reclamacións de indemnización xusta”.

Os Estados membros poderán establecer que, cando un autor ceda ou conceda unha licenza dun dereito a unha editorial, tal cesión ou licenza constitúe unha base xurídica suficiente para que a editorial reclame unha parte da indemnización polos usos da obra que tivesen lugar no marco dunha excepción ou limitación do dereito cedido ou obxecto de licenza.

A principal diferenza, a priori, radicaría na súa non obrigatoriedade, co que os editores poderían tanto reclamar os importes aos que terían dereito como renunciar a eles. Ademais, resulta destacable que non tería que haber un cobrador intermedio, como si sucede no caso español, e que o dereito tería unha duración de 20 anos. No equivalente alemán á taxa Google ou canon AEDE, o dereito exclusivo dos editores de prensa era dun ano.

Artigo 13: vixilancia de contidos protexidos por parte de provedores

Uso de contidos protexidos por parte de provedores de servizos da sociedade da información que almacenen e faciliten acceso a grandes cantidades de obras e outras prestacións cargadas polos seus usuarios.

Os provedores de servizos da sociedade da información que almacenen e faciliten acceso público a grandes cantidades de obras ou outras prestacións cargadas polos seus usuarios adoptarán, en cooperación cos titulares de dereitos, as medidas pertinentes para asegurar o correcto funcionamento dos acordos celebrados cos titulares de dereitos para o uso das súas obras ou outras prestacións ou para impedir que estean dispoñibles nos seus servizos obras ou outras prestacións identificadas polos titulares dos dereitos en cooperación cos provedores de servizos. Esas medidas, como o uso de técnicas efectivas de recoñecemento de contidos, serán adecuadas e proporcionadas. Os provedores de servizos proporcionarán aos titulares de dereitos información adecuada sobre o funcionamento e o despregamento das medidas, así como, no seu caso, información adecuada sobre o recoñecemento e uso das obras e outras prestacións.

Os Estados membros velarán por que os provedores de servizos contemplados no apartado 1 implanten mecanismos de reclamación e recurso aos que poidan acceder os usuarios en caso de litixio sobre a aplicación das medidas a que se refire o apartado 1.

Os Estados membros facilitarán, cando cumpra, a cooperación entre os provedores de servizos da sociedade da información e os titulares de dereitos a través de diálogos entre as partes interesadas para determinar as mellores prácticas como, por exemplo, as técnicas de recoñecemento de contidos adecuadas e proporcionadas, tendo en conta, en particular, a natureza dos servizos, a dispoñibilidade das tecnoloxías e a súa eficacia á luz da evolución tecnolóxica.

Este artigo, por outra banda, obriga ás plataformas de contidos a monitorar o que os seus usuarios soben. Os interpelados poden ser prestadores de servizos como operadores de telecomunicacións, provedores de acceso a internet, portais, motores de procura ou calquera cunha web, sempre que se considere que entra dentro da descrición que ofrece a norma.

Falariamos dun filtrado do contido para detectar contidos protexidos mediante dereitos de autor, ao estilo do famoso sistema Content IDE de YouTube. Se ata agora os prestadores debían actuar cando se lles notificaba unha infracción, non tiñan que levar a cabo unha vixilancia ou actuación por defecto, agora sinálase que deberían implantar negociadamente cos titulares de dereitos medidas efectivas contra o mal uso de contidos protexidos.

O artigo 13 insta a adoptar ás plataformas de contidos como Twitter ou Google, “técnicas efectivas de recoñecemento de contidos“.

Este detalle, que incluiría o emprego de algoritmos e sistemas de identificación sofisticados para poder avaliar todo o contido que se sobe ás plataformas, entraría en conflito con directivas anteriores como a relativa ao comercio electrónico. Nela, no seu artigo 15, precisamente establécese que os países “non impoñerán aos prestadores de servizos unha obrigación xeral de supervisar os datos que transmitan ou almacenen, nin unha obrigación xeral de realizar procuras activas de feitos ou circunstancias que indiquen actividades ilícitas”.

Críticas desde o activismo prol dereitos na internet e o sector empresarial

No principio do ano, a posición oficial de España no proceso de discusión e negociación desta directiva europea de copyright puxo en alerta ao sector tecnolóxico do país. Os máximos responsables da Asociación de Empresas de Electrónica, Tecnoloxías da Información, Telecomunicacións e Contidos Dixitais (AMETIC), iCmedia (Federación de Asociacións de Consumidores e Usuarios dos Medios), a Asociación Xeral de Consumidores (ASGECO Confederación) e a Asociación Española de Startups manifestaron a súa “profunda preocupación” pola situación.

Agora a Comisión de asuntos Xurídicos da Parlamento Europeo esta a redactar dita lei, a patronal tecnolóxica reafírmase en declaracións a Genbeta. A pesar de que consideran que a revisión do marco regulatorio de dereitos de autor a nivel europeo é unha tarefa necesaria, cren que os artigos 11 e 13 “prexudican o desenvolvemento da internet en Europa