Arde un salón dunha vivenda dun edificio en Vigo e catro persoas son atendidas “in situ” polos servizos sanitarios

Publicado por o día 03/01/2021 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Arde un salón dunha vivenda dun edificio en Vigo e catro persoas son atendidas “in situ” polos servizos sanitarios

Os veciños das vivendas dun edificio de seis plantas situado na Avenida de Castrelos, en Vigo, abandonaron esta mañá as súas casas despois de producirse un incendio nunha das vivendas do primeiro andar.

Ningún dos residentes tivo que ser trasladado. Sen embargo, catro persoas si se viron afectadas e tiveron que ser atendidas na mesma ambulancia que o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 derivou ata o lugar.

Segundo informaron os Bombeiros da cidade ao 112, que continúan no lugar dos feitos, ardeu un salón dunha vivenda do primeiro andar, véndose afectadas polo fume todas as vivendas ata o cuarto andar.

Todo comezou sobre as 11:30 horas desta mañá, foi a esa hora cando unha veciña chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Indicaba que tiña lume na vivenda, que non estaban feridos pero que non podían acceder á casa.

Nese momento o 112 Galicia puxo en marcha un operativo no que interviñeron os Bombeiros de Vigo e a Policía Local. Ademais, tras recibir o aviso doutros alertantes que advertían de que podía haber persoas feridas, posto que a xente estaba saíndo das casas, os xestores de emerxencia pasaron aviso de inmediato ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

O lume foi sufocado pero os Bombeiros continúan, a esta hora, ventilando e revisando todas as vivendas do edificio.