Cae co seu vehículo ao río Lagares en Vigo

Publicado por o día 20/08/2020 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Cae co seu vehículo ao río Lagares en Vigo

O ocupante dun turismo pide axuda despois de caer co seu vehículo ao río Lagares, en Vigo.

Unha persoa particular escoitou os berros de auxilio e, decontado, chamou ao 112 Galicia para informar da situación.

En concreto, tratábase dun coche que se saíu da vía e caeu por unha zona de difícil acceso ao río Lagares. Por iso, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pediron a colaboración dos Bombeiros de Vigo, ademáis dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Unha vez no lugar do sinistro, os efectivos do parque municipal de bombeiros comprobaron que, malia a situación na que quedou o vehículo, podíase acceder ao ocupante sen a necesidade de empregar os equipos de excarceración.

Esta mañá un guindastre procedeu á retirada do turismo sinistrado que se atopaba no leito do rio, dado que se precipitou desde a rotonda elevada da citada avenida.

Na colisión, o vehículo impactou contra o noiro de protección arrincando un anaco de cemento e varanda que quedaron a poucos metros do turismo sinistrado.

Entrevistados co condutor, os Axentes comprobaron que presentaba claros síntomas de atoparse baixo os efectos do consumo de bebidas alcohólicas.

Por este motivo procederon a realizarlle as probas preceptivas de determinación do grao de impregnación alcohólica, arroxando estas un resultado positivo de 0,84e 0,91 mg/ l de alcol por aire expirado, o que excede o límite penal establecido.

A pesar de resultar ferido leve foi, trasladado ao hospital de O Castro, sendo informado que se ían a instruír dilixencias para o efecto, para o seu traslado á autoridade xudicial competente

Cómpre sinalar que a alerta sobre este accidente activouse no 112 Galicia preto das catro da madrugada, logo de recibir a comunicación de un particular que escoitaba a alguén pedir axuda fronte a Citroen, no río Lagares.