A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, visitaron as obras que o grupo Froiz está realizando nas súas parcelas no polígono de Barro. Silva e Abraldes comprobaron “o gran ritmo que están a levar os traballos de Froiz aquí no polígono, que se está convertendo nun gran polo de desenvolvemento económico da zona. Unha mostra clara é esta grande obra que está acometendo o grupo Froiz, que ademais é a nave pequena, pois aínda van facer outra moito máis grande. Sen dúbida ningunha, isto vai atraer a moitas outras empresas porque o polígono de Barro está nun lugar inmellorable”, asegurou a presidenta provincial.
Pola súa banda, o alcalde de Barro explicou que puideron comprobar que esta nave de Froiz avanza a gran ritmo “e xa pronto será unha realidade. Unha vez que rematen con esta obra, xa teñen plans de pronto empezar coa nave grande, e que Froiz xa sexa unha realidade aquí no Polígono vaille dar moita máis visibilidade. Creo que isto vai ser un tirón para que moitas outras empresas vexan que o polígono de Barro é unha infraestrutura moi ben situada e con todo tipo de equipamentos para poder facer aquí o seu negocio”.
O grupo Froiz dispón no polígono de Barro dun total de 18 parcelas. Este primeiro proxecto en marcha converterase nunha plataforma para produtos conxelados. En breve comezarán xa os traballos para outra nave moito máis ampla. Ademais do grupo Froiz, na actualidade contan con parcelas no polígono de Barro outras empresas como CAENOR, EDF Solar, Gasóleos Xeve, GESCOGRA, Mariscos Alumar, González Cerqueiro, Frutas Moncho, Hijos de Rivera, José B. González Villaverde, Novas Rías, Rafael Díaz Buceta, BALVALEN, Áridos de Curro, TC Group Atlántico, Yatecomeré e Estación de Serviz Low Cost. Ademais das parcelas de solo industrial, o polígono tamén inclúe un centro de servizos de apoio empresarial e o viveiro de empresas da Deputación. O polígono de Barro conta cunha superficie de 258.436 metros cadrados, dos que o 56,5 % están ocupados na actualidade.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.