Comeza o curso de preparación do exame da ESO con 16 alumnos

Ten lugar na Casa da Cultura coas correspondentes medidas contra a Covid-19
Publicado por o día 12/01/2021 na sección de Galicia,Ponte Caldelas

O Concello de Ponte Caldelas iniciou o curso de preparación do exame da ESO na Casa da Cultura. Son en total 16 alumnos os que participan nas clases para formarse e obter o título de Educación Secundaria Obrigatoria básico para calquera posto de traballo ou oposición.

As clases lévanse a cabo mantendo a distancia de seguridade, portando mascarilla, usando xel hidroalcólico, con toma de temperatura e coa correspondente ventilación na aula.

O alcalde de Ponte Caldelas visitou o inicio do curso para motivalos e para lembrarlles a importancia de non acudir ás clases se teñen febre ou calquera síntoma de Covid para protexer a todos os compañeiros.