Domingos do Principal bota a andar este domingo con Úniko de Teatro Paraíso

As localidades dispoñibles están á venda en Ataquilla.com e o propio domingo na billeteira do Teatro de 10 a 11 para a función matinal e de 16:30 a 17:30 para o pase das 18:30h, a un prezo único de 4€+ gastos.
Publicado por o día 15/01/2021 na sección de Galicia,Pontevedra

Domingos do Principal bota a andar este domingo con Úniko de Teatro Paraíso

A boa acollida marca o inicio dos Domingos do Principal, o ciclo de teatro infantil e familiar, que botará a andar este domingo no Teatro Principal con pase dobre ás 12:00 e 18:30 horas da man de Teatro Paraíso (Áraba) coa representación Úniko

Misturando as técnicas do títere e do teatro máis realista, este espectáculo presenta o desacougante tema dos ciumes, mirando de frente en toda a súa crueza, aínda que sen perder nunca o sentido do humor. Paul é fillo único e o rei da súa casa. O nacemento da súa irmá Irati provocara que un medo íntimo a deixar de ser querido se apodere del ameazando a estabilidade familiar.

Recomendado a partir de 6 anos, esta peza de teatro de actor e títeres, foi gañadora do Premio FETEN 2020 á mellor interpretación, Maite Bayón

As sesións, que terán lugar seguindo todas as normas e restriccións vixentes por mor da COVID, teñen aínda algunha localidade dispoñible no anfiteatro para o pase das 12 e tamén no patio de butacas para o pase das 18:30h. Poden adquirirse anticipadamente en Ataquilla.com ou na billeteira física de 10 a 11 para a sesión matinal, e de 16:30 a 17:30 para o pase das 18:30h.

No caso de que os/as compradores pertenzan a concellos diferentes ao de Pontevedra e estean afectados polo peche perimetral, poden solicitar a devolución das entradas en ataquilla@afundacion.org

O ciclo continuará o vindeiro domingo 24 de xaneiro co espectáculo de Elefante Elegante, “A danza da choiva” programado en colaboración coa Rede Galega de Teatros da AGADIC. As entradas están tamén á venda anticipada en Ataquilla.com a un prezo único de 4€+ gastos.

Consulta aquí todo o programa.