Ángeles De Andrés unha veciña de Vigo empezou a recoller sinaturas contra a colocación das cintas transportadoras na Gran Vía de Vigo, esta veciña da cidade ven dirixir unha carta ao alcalde da cidade Abel Ramón Caballero no que relata o seguinte.
“Estimado Alcalde de Vigo, D.Abel R Caballero; con estas sinaturas, nos diriximos a vostede para pedirlle que o conxunto escultórico coñecido como “Os Rederos” sito na confluencia Gran Vía- Urzáiz de Vigo; NON SEXA RETIRADO para implantar unha pasarela automática que podería arrincar un pouco máis arriba, xusto diante do que tras máis de 25 anos erixido, converteuse en moito máis que un ornamento urbano. Neste momento, “Os Rederos” son EMBLEMA DE VIGO. Por ela pasaron motivos festivos, reivindicativos e ata duelos. Simbolizan A FÓRZA TESÓN CAPACIDADE E POTENCIA DE VIGO e os seus cidadáns. Tras un cuarto de século, “Os Rederos” pertencen e son MOI QUERIDOS por tres xeracións de vigueses. Fai moito que pasaron de ser “unha estatua”A PATRIMONIO CREMATÍSTICO DE VIGO QUE PERTENCE AOS VIGUESES E HA DE QUEDAR FÓRA DE DECISIÓNS E ARBITRIOS POLÍTICOS. Non me imaxino a Carmena trasladando a fonte de Neptuno para colocar a pantalla de plasma circular como a nosa naquela rotonda.
Estimado ALCALDE, os asinantes desta petición solicitamos reconsidere a súa decisión e postura.”
Se desexas participar nesta recollida de sintautras tan so tes que ir a esta ligazón e votar “SALVEMOS AOS REDEIROS!”
Nado en Vigo hai 38 anos. Fotógrafo, activista defensor dos dereitos humanos e ambientais. Buscando que se recoñeza e respecte os patrimonios da cidade de Vigo.