Fernández-Tapias reclama a Caballero que explique si será cómplice de que Vigo non conte coa mellor biblioteca do estado

A delegada territorial en Vigo insiste en que o alcalde defina de que parte está e se pronuncie sobre a intención do Goberno central de reducir á metade a biblioteca
Publicado por o día 11/01/2021 na sección de Galicia,Vigo,Xunta de Galicia

Fernández-Tapias reclama a Caballero que explique si será cómplice de que Vigo non conte coa mellor biblioteca do estado

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, reclamou hoxe ao alcalde Abel Caballero un pronunciamento expreso sobre a proposta do Goberno central de reducir á metade o proxecto remitido pola Consellería de Cultura “para que Vigo teña a biblioteca que merece; a mellor de Galicia”.

Así o fixo durante unha visita á biblioteca pública de Vigo Juan Compañel coincidindo co día do usuario das bibliotecas e na que aproveitou para entregar á directora un lote do novo libro do escritor Beto Luaces, “Un lugar afastado”, que completa a triloxía VICVS, “un referente da novela negra ambientada na cidade”, dixo.

A representante autonómica recordou que o Goberno central non so non destina máis de 100.000 euros no documento orzamentario de 2021 á futura Biblioteca do Estado, senón que corrixe á baixa e reduce á metade o proxecto de necesidades remitido polo Executivo autonómico. “Non podemos admitir unha superficie menor aos 8.000 metros cadrados que recollemos no documento, xa que un menor espazo non daría resposta a demanda actual”, advertiu, para insistir en que “queremos en Vigo a mellor biblioteca pública do Estado”.

Segundo dixo, o silencio de Caballero respecto a proposta remitida polo Ministerio de Cutura o converte en cómplice dun “agravio comparativo” con outras grandes cidades e impediría atender a actividade crecente da cidadanía ou de almacenaxe.

“Non é admisible que o Ministerio pida un axuste da nosa proposta, rebaixando o espazo da futura biblioteca á metade, é o alcalde cale”, aseverou Fernández-Tapias, para insistir en que este é un exemplo máis de que Vigo “xa non é a súa prioridade”.

“É absolutamente necesario realizar unha reflexión sobre o resultado que tería para Vigo a creación dunha biblioteca que, entendemos, estaría por debaixo das necesidades e demandas da cidade e da súa área metropolitana”, sinalou.

“Que diga abertamente si vai defender xunto a nós que Vigo teña a mellor biblioteca do Estado o se vai seguir aliñado aos intereses do seu partido en Madrid”, reclamou a delegada, para insistir en que vai sendo hora de que o alcalde defina “de que parte está”.