GañaMós denuncia un millonario déficit da xestión dos Populares de Mos

Publicado por o día 12/08/2019 na sección de Galicia,GañaMOS,Mos,Política

GañaMós denuncia un millonario déficit da xestión dos Populares de Mos

Nunha nota de prensa o grupo municipal Gañamos ven a denunciar un millonario déficit da xestión do partido Popular, quen agochou estes datos para que non foran públicos antes das eleccións como dicta a lei. O desastre económico é maiusculo, non so non acadaron superávit para paliar o déficit de -876.860,73€ do 2017 senon que duplicaron o déficit no 2018 ascendendo a -1.762.420,24€ e colocando a tesoureira do Concello nunha situación de emerxencia. Adxuntamos detalle dos datos da Liquidación do exercicio contable de 2018 e o informe completo da interventora municipal.

O PP AGOCHOU UN DEFICÍT MILLONARIO PARA GAÑAR AS ELECCIÓNS

Agora sabemos porque o Partido Popular incumpliu a lei e non presentou as contas do ano 2018 antes do 15 de maio ocultando así esta información aos votantes das eleccións municipais do 26 de maio. Despois da deixadez do goberno do PP para controlar o gasto sabíamos que non ían reconducir o déficit e agardabamos uns malos datos como os do ano 2017 pero nunca que foran capaces de semellante irresponsabilidade e presentar unha liquidación cun déficit de -1.762.420,24€. O desastre económico é maiusculo,  non so non acadaron superávit para paliar o déficit de -876.860,73€ do 2017 senon que duplicaron o déficit no 2018 colocando a tesoureira do Concello nunha situación de emerxencia.

O Partido Popular ten que dar explicacións aos votantes que foron as urnas enganados. Cantos votos terian de saberse a verdade. Tamén terá que dar explicacións cando irremediablemente suba outra vez os impostos para paliar a súa nefasta xestión económica,  xa que 2019 ten visos de ser aínda peor despois de todo o despilfarro electoral e da cifra récord en recoñecementos extraxudiciais de crédito que levamos este ano. Desde o ano 2016 estamos reclamandolle ao Partido Popular que controlara o gasto e aplicara en seriedad o novo Plan de Axuste Económico pero esta claro que fixeron caso omiso ao noso chamanento á responsabilidade. Do seu desastre económico só queda unha enigma por resolver: a quen lle botarán a culpa esta vez,?  Porque xa sabemos que o de asumir responsabilidades non vai con eles.

Datos informe Intervención:

REMANENTE DE TESOUREIRA  para gastos xerais axustado 2018: -1.762.420,24 €

Remanente de tesorería para gastos xerais 2017:  – 876.860,73€

INVESTIMENTOS REAIS:

– Quedan pendentes de pago obrigas recoñecidas por importe de 934.150,40 euros.

GASTOS EN BENS CORRENTES E SERVIZOS:
– Quedan pendentes de pago obrigas recoñecidas por un importe de 883.684.,54 euros.

Segundo o artígo 212.2 del TRLRFL:
1. Los estados y cuentas de la entidad local serán rendidas por su presidente antes del día 15 de mayo del ejercicio siguiente al que correspondan.

Segundo o artigo 193.1 do TRLRFL:
1. En caso de liquidación del presupuesto con remanente de tesorería negativo, el Pleno de la corporación deberá proceder, en la primera sesión que celebren, a la reducción de gastos del nuevo presupuesto por cuantía igual al déficit producido.

INFORME COMPLETO DA INTERVENCIÓN MUNICIPAL
https://drive.google.com/open?id=1_OfeA9EKoXOIGhlFq-s6NckdQ3f-44FP