Gonzalo Caballero propón a Feijóo un plan de rescate que garanta a supervivencia da hostalería nos “seis meses máis duros para o sector”

O líder dos socialistas galegos insta a consensuar un plan de vacinación que garanta o uso das doses recibidas “coa máxima celeridade” porque “non é lóxico nin admisible” que “estean gardadas á espera”
Publicado por o día 11/01/2021 na sección de Política,PSOE

Gonzalo Caballero propón a Feijóo un plan de rescate que garanta a supervivencia da hostalería nos “seis meses máis duros para o sector”

O portavoz do Grupo Socialista, Gonzalo Caballero, esixiulle hoxe ao presidente da Xunta que acompañe as restricións para hostalería “nos seis meses máis duros” cun plan de rescate que permita ao sector sobrevivir. Dixo que logo das restricións imposta polo goberno galego e de demonizar aos hostaleiros galegos, cumpre que as medias estean acompañadas dun plan de apoio aos sectores obrigados a pechar. “A Xunta xá decretou un peche encuberto da hostelería en cidades coma Santiago, pero as axudas non chegan nin son suficientes”.

O líder dos socialistas galegos reclama respaldo ao goberno galego para a hostalería, ao pequeno comercio e aos autónomos con “axudas inmediatas”, logo de constatar que Feijóo está “escondido detrás da publicidade institucional para que as axudas non cheguen”. Lamentou que a “campaña de anuncios” da Xunta supuxo na realidade pechar 2020 con só 22 millóns de euros efectivos de axudas para estes sectores.

Reclamoulle ao presidente da Xunta que “máis alá de laiarse” e de impoñer “medidas restritivas”, asuma a “súa responsabilidade de respaldar e rescatar aos sectores afectados”, e “drene” para iso fondos dos 1.100 millóns de euros procedentes do goberno central “para salvar a economía do noso país”.

Logo de sinalar que os socialistas respetan e non cuestionan as decisións tomadas polo goberno galego, asumindo a “nosa responsabilidade como partido de goberno”, Gonzalo Caballero sinalou que deben ir “acompañadas de medidas económicas” para o “rescate” dos sectores afectados polo “peche encuberto” da hostalería en lugares como Santiago, e diante do anuncio de “novas medidas restritivas”.

Plan de vacinación

O secretario xeral do PSdeG reclamoulle á Xunta que consensúe un plan de vacinación “sólido e solvente” para administrar “coa máxima celeridade” tódalas doses fronte á covid – 19 das que dispón o Sergas. Considera “non lóxico nin admisible” que as vacinas estean dispoñibles pero gardadas nos almacéns do Sergas á espera dos plans do goberno galego ou “de que exista persoal”.

Gonzalo Caballero apunta que “a maior garantía” é “ter administradas as vacinas dende o primeiro momento” porque “non podemos ter vacinas agardando en plena crise” e cos rebrotes disparados mentres a cidadanía “espera a ver que fai o goberno autonómico” logo de ter sido chamados para asinar o consentimento para o subministro dos anticorpos.

Una respuesta para "Gonzalo Caballero propón a Feijóo un plan de rescate que garanta a supervivencia da hostalería nos “seis meses máis duros para o sector”"