Inician campaña para denunciar a falta de transparencia da Xunta

Ecoloxistas en Acción inicia unha campaña para denunciar o reiterado incumplimento da lei de transparencia por parte da Xunta.
Publicado por o día 25/01/2021 na sección de Galicia,Ecologistas en Acción,Medio Ambiente,Social

Ecoloxistas en Acción expón que un dos últimos casos de incumprimento da lei de transparencia por parte da Xunta é a negativa da Subdirección Xeral de Biodiversidade e de Recursos Cinexéticos a contestar e informar a maior parte dos datos requeridos en xaneiro do 2020 por esta organización galega sobre cuestións referidas as actuacións da Xunta para o control das especies de flora invasoras.

Segundo Ecoloxistas en Acción os datos solicitados non eran confidenciais nin afectaban á seguridade. Os datos requerido son imprescindibles para que calquera outra persoa física ou xurídica poida valorar a eficacia e grao de aplicación en Galicia da lexislación que afecta ás especies exóticas invasoras, polo que en ningún caso pode caer na categoría de “manifestamente irrazoable”.  Aclaran que a solicitude de dita información non é caprichosa ou innecesaria, xa que esta organización ecoloxista ten como norma basear os seus informes, campañas e actuacións en xeral en datos precisos e verificables, sexan estes de carácter científico, administrativo ou técnico.

Ante esta violación flagrante da lei de transparencia a organización ecoloxista tramitou un recurso de alzada a finais de marzo do pasado ano, pero este tampouco foi contestado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Agotando a vía administrativa Ecoloxistas en Acción ven de solicitar á Comisión da Transparencia de Galicia que vele polo dereito de acceso a dita información, que a Constitución Española nos outorga mediante o artigo 105.b e que está recollido no artigo 12 da Ley 19/2013, de 9 de dicembre, de transparencia, aceso á información pública e bo goberno.