“O comportamento en todo o que tivo que ver co Nadal foi moi bo”, explicou o rexedor, que informou do “control absoluto do aforo” na rúa e da boa coordinación entre os controladores de rúa e o control de cámaras. Así, non se rexistraron incidencias nos actos do acendido e do apagado das luces, nin no concerto de Rosa Cedrón ou nas visitas a Papá Noel e ao carteiro real nas que se respectaron tódalas medidas de seguridade con ringleiras controladas. Amais, houbo un “control absoluto do aforo na rúa” funcionando “moi ben” a coordinación entre controladores Covid e o control das cámaras.
Caballero deu conta en rolda de prensa do éxito das medidas adoptadas para garantir a seguridade sanitaria durante o Nadal como a peonalización das rúas, o control do aforo a través das cámaras, a supervisión das rúas con persoal contratado polo Concello e a ampliación do ámbito de celebración á rúa Policarpo Sanz que axudou a distribuír as visitas por esa zona xunto con Príncipe e a súa contorna. Referiuse tamén ao labor desenvolvido na rúa polos 25 controladores de Nadal así como as 7 persoas que controlaban desde as cámaras: 3 enxeñeiros programadores, 1 enxeñeiro especialista en comunicacións, 1 oficial de primeira electromecánico, 1 técnico especialista electrónico e 1 técnico de sistemas.
Asesores Covid hostalería
O alcalde lembrou que desde hai dúas semanas están traballando na cidade 15 asesores Covid para a hostalería, contratados polo goberno municipal, que se moven polos establecementos velando polo cumprimento das medidas sanitarias contra o coronavirus cun balance “moi bo”. Nestas dúas semanas efectuaron 493 visitas de asesoramento ao sector hostaleiro e 175 visitas anónimas cun total de 668 visitas realizadas nas que cubriron gran parte da área urbana viguesa.
O persoal asesor Covid da hostalería analiza tódolos los aspectos de cumprimento da normativa sanitaria, tanto na terraza coma no interior dos establecementos: carteis informativos, aforo, distancias, uso de máscara, ventilación, dixitalización ou número de empregados e ademais están detectando os establecementos cerrados por mor da pandemia.
Segundo explicou Caballero a actitude dos hostaleiros é “extraordinaria: proactiva, positiva, con intercambio de información e da experiencia”. Con todo, o persoal detectou zonas máis preocupantes nas que se ve consumición de clientes fóra dos locais, sen estaren sentados, algo “que hai que corrixir de forma inmediata e xa estamos na corrección deses comportamentos non apropiados”.
Sentenciou o rexedor que “a experiencia dos asesores da hostalería nas dúas primeiras semanas está sendo excepcional e a actitude da hostalería excepcional e imos seguir todo o tempo que sexa preciso”.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.