O BNG de Vigo continúa a avanzar na elaboración do seu programa electoral de cara as vindeiras eleccións municipais do próximo 26 de maio. Após desenvolver unha rolda de encontros abertos á veciñanzas nos barrios e parroquias e no medio dun intenso calendario de xuntanzas con asociacións e colectivos da cidade, a fronte nacionalista vén de dar un paso máis para incorporar a participación directa das viguesas e vigueses. Con ese obxectivo lanzouse unha App para poder enviar desde calquera dispositivo Android, móbiles ou tablets, “ideas, propostas e suxestións” para a súa incorporación no programa nacionalista.
“O novo impulso que o BNG queremos darlle a Vigo só será posíbel contando con todas e con todos. Queremos sumar todas as ideas, todas as propostas, para construírmos entre todas unha cidade para o pobo, unha cidade de iguais e unha cidade que sexa motor de todo un País”, explicou o candidato do Bloque á alcaldía, Xabier P. Igrexas. “Despois desta maioría absoluta que tan mal lle sentou á cidade, despois de tanta xordeira e autoritarismo, é tempo de escoitar de verdade o que queren as viguesas e os vigueses e queremos facelo por todos os medios, tamén a través das novas tecnoloxías”, acrecentou.
App sinxela e rápida
A App está dispoñíbel na Google Store (buscando o termo “BNG”) e tamén a través dun código QR que se está a distribuír nas redes sociais e con cartelaría nas rúas da cidade baixo o lema “Contigo faremos de Vigo unha cidade para o pobo”. Para facilitar a súa instalación pode accederse de maneira directa a través do enderezo url www.i.gal/programaBNGvigo. Unha vez instalada pode enviarse de maneira moi sinxela calquera proposta. Ademais desta vía, a formación nacionalista tamén recollerá ideas a través dos seus perfís en redes sociais (Facebook, Twitter e Instagram) e correo electrónico.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.