O concello de Gondomar facilita a formación do profesorado en materia medioambiental

Publicado por o día 14/01/2021 na sección de Galicia,Gondomar

A Concellaría de Medio Ambiente do concello de Gondomar impartiu esta semana unha charla formativas dirixida ao profesorado do municipio interesado en coñecer mellor as técnicas de compostaxe para poder trasmitirllas ao seu alumnado.

É o caso dos docentes do CEIP Xosé Neira Vilas de Peitieiros que interesáronse por esta posibilidade. Así da man da técnica municipal tomaron boa nota do proceso deste tipo de reciclaxe de residuos orgánicos para aplicalo posteriormente nas actividades que realizarán cos nenos e nenas no cole, onde contan xa con dous composteiros individuais.

Ademais estudarase a posibilidade de impartir charlas tamén aos mozos/as dos últimos cursos de primaria, apostando así pola política de implicación e sensibilización das novas xeracións na necesidade de coidar o noso medio ambiente, que desde a concellería deféndese desde o primeiro momento. #Gondomarsostible #EducaciónAmbiental