O Concello de Ribadumia pecha as oficinas municipais ó publico por prevención ante un posible caso Covid entre o persoal

Publicado por o día 21/01/2021 na sección de Galicia,Ribadumia

O Concello de Ribadumia pecha as oficinas municipais ó publico por prevención ante un posible caso Covid entre o persoal

O Concello de Ribadumia informa que hoxe e mañá venres día 22 de xaneiro as oficinas municipais do Concello de Ribadumia permanecerán pechadas ó público, atendendo as urxencias e en todo caso a atención continuará de xeito telefónico nos teléfonos 986718491/99.

O Concello de Ribadumia tivo aviso onte pola noite dun posible caso de COVID entre o persoal de oficinas o que levou a activar o protocolo e medidas de prevencións previstas. Posto que aínda que se cumpren as normas de uso de máscaras entre persoal e outras medidas de hixiene, procedéuse a avisar ó persoal de contacto directo para que hoxe permanecesen nos seus domicilios teletraballando nos casos que sexa posible. E a continuación nas últimas horas de onte realizouse a desinfección con nebulizadora de todas as dependencias das oficinas municipais.

Procedeuse a informar ós responsables de prevención de riscos laborais para que activen os protocolos correspondentes en caso de ser necesario e quédase á espera do que vaian dispoñendo estes e, de ser o caso, os rastreadores da Xunta.

Estrémanse as medidas de seguridade entre o persoal que permanece nas oficinas: uso de dobre máscara, desinfección, ventilación e separación interpersoal. Repetirase a desinfección coa nebulizadora.