O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este xoves en rolda de prensa do plan de tráfico deseñado polo Concello de Vigo que entrará en vigor o vindeiro 12 de xaneiro e mentres duren as obras de derruba do paso elevado da rúa Lepanto e o novo acceso á Autoestrada do Atlántico (AP-9).
Segundo explicou o rexedor, as obras de execución do paso subterráneo obrigarán a pechar o acceso á AP9 desde o 12 de xaneiro ata outubro, mentres que a derruba do paso elevado pechará a rúa Alfonso XIII desde o 12 ata o 31 de xaneiro. “É unha obra histórica, levamos medio século esperando para que esta nova maneira de conectar a autoestrada e a cidade”, sinalou Caballero.
As alternativas para o acceso á autoestrada serán a través das entradas do túnel de Beiramar, Isaac Peral, Praza San Lourenzo e Buenos Aires. O plan de tráfico establece ademais as seguintes recomendacións:
Gran Vía o Urzaiz descendentes:
Opción 1: Urzaiz, República Arxentina, túnel Areal, AP9
Opción 2: Urzaiz, República Arxentina, García Barbón, Isaac Peral, AP9
Urzaiz ascendente: Travesía de Vigo, Numancia, Praza San Lourenzo, AP9
Gran Vía ascendente/Praza España:
Opción 1: Pizarro, Travesía de Vigo, Numancia, Praza San Lourenzo, AP9
Opción 2: Av Madrid, Arq. Palacios, Gregorio Espino, Travesía de Vigo, Numancia, Praza San Lourenzo, AP9
Opción 3: Av Madrid, Arq. Palacios, Martínez Garrido, Aragón, Travesía de Vigo, Buenos Aires, AP9
Avenida de Madrid ascendente:
Opcion 1: Arq. Palacios, Gregorio Espino, Travesía de Vigo, Numancia, Praza San Lourenzo, AP9
Opción 2: Arq. Palacios, Martinez Garrido, Aragón Travesía de Vigo, Buenos Aires, AP9
Praza América: Coruña, Beiramar, túneles, AP9
Ademais, o alcalde avanzou que a vindeira semana tamén comezará a obra de remodelación da rúa Baixada á Estación e da Praza da Estación. Cun orzamento de 1,9 millóns, a reforma ten un prazo de execución de 6 meses e está enmarcada no convenio de colaboración para a os accesos e a contorna da novo Centro Vialia.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.