O furtivismo de bañador faise coa praia Arealonga de Chapela a pesar de estar contaminada

A Axencia Europea do Medio Ambiente recomenda no seu último informe o peche deste areal en Redondela, por unha concentración excesiva de dúas patógenos.
Por o 28/07/2019 | Sección: Galicia,Redondela
O furtivismo de bañador faise coa praia Arealonga de Chapela a pesar de estar contaminada
Compartir en:
A primeira vista, a praia de Arealonga non ten nada de especial. Ten un pequeno paseo marítimo moi ben coidado e a par fermoso, a súa area é unha mistura entre fina e micropedaciños de cunchas e o tipo de turismo que a visita é variado, incluíndo turistas estranxeiros, xa que na sua contorna hai numerosos restaurantes onde se poden degustar cociña galega e tamén hai marisquerías.
 
O areal é visitado durante toda a tempada por familias completas, persoas maiores e tamén xente nova. Nas súas augas practícanse distintos deportes acuáticos. Os deportistas do Club de remo de Chapela, que conta con máis de 30 anos de historia e compite na liga Galega de Traiñeiras, adestran todas as semanas coas súas piraguas nesta auga, ata conta cun pavillon municipal de nova construcción. Nun dos bordos do areal hai un concesionario de barcos e un peirao, onde atracan pequenos botes e iates.
 
A praia de Arealonga sería un lugar case bucólico, se non fose porque a mala calidade da súa auga supón un risco de sufrir enfermidades para os bañistas. Segundo o último informe da Axencia Europea do Medio Ambiente (AEMA), os seus niveis de contaminación serían suficientemente elevados como para ordenar o peche da praia, a pesar desa alarma sanitaria hoxe sábado NoticiasVigo.es foi testemuña do “furtivismo de bañador” no areal de Arealonga.
 
A concentración de Escherichia coli e Enterococo, as dúas bacterias controladas pola AEMA, foi demasiado elevada durante o últimos seis anos. Para medir estes valores realízanse nove análise ao ano e segundo os resultados dos mesmos dáselle ao auga unha clasificación entre excelente, boa, suficiente e pobre.
 
Se unha zona de baño ten durante cinco tempadas consecutivas a cualificación de pobre, a AEMA recomenda o seu peche. O pasado ano foi o sétimo ano que suspendeu coa peor nota aínda que se descoñece os informes do 2019 así puidemos chequear este diario.

Comentar noticia

Your email address will not be published.