Os próximos días 6 e 7 de xuño celébrase en Vigo o primeiro Congreso Internacional Compliance na Industria Pesqueira, un dos eventos do ano da industria pesqueira no noso país.
Máis de 20 relatores de alto nivel nacional e internacional conforman o programa do congreso. Entre eles atópanse representantes da FAO, a OIT, a UE e de numerosas institucións públicas e privadas participan no congreso.
O congreso abordará diversos aspectos dos programas de cumprimento, así como as medidas para adoptar polas organizacións da industria pesqueira para facer dela unha industria máis ética, honesta e comprometida co cumprimento.
O programa está estruturado en cinco grandes bloques temáticos nos que se expoñerán diversos aspectos e puntos de vista de profesionais do sector, asociacións profesionais e institucións relacionadas coa industria pesqueira. As boas prácticas e os códigos de conduta, a responsabilidade penal das empresas pesqueiras ou como abordan as organizacións do sector a implantación dos programas de compliance, son só algúns dos que aspectos que se tratarán no congreso.
O congreso terá lugar na cidade de Vigo por ser un referente a nivel internacional da industria da pesca, conserveira e frigorífica. A sede de Afundación acollerá no seu impoñente auditorio as presentacións dos participantes no Congreso.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.