O Ministerio de Igualdade “nega o mínimo recoñecemento do galego”, ao excluír dos Premios da Delegación do Gobierno contra a Violencia de Xénero a teses doctorais sobre violencia contra a muller (ligazón á convocatoria) os traballos que foran presentados en calquera lingua oficial do Estado, diferente do castelán. “De tal xeito que unha tese en lingua galega ficaría automaticamente excluída dun premio dotado con até 3000 euros, sen chegar a ser valorada a súa calidade”, denuncia Marcos Maceira, presidente da Mesa.
“Esta situación”, recorda Maceira, “engádese a casos anteriores de discriminación por parte doutros ministerios, como os Premios Arquímedes ou a denegación de bolsas de estudos por parte do Ministerio de Educación, por achegar certificados de estudos en galego”. O goberno español nega, deste xeito, a liberdade de utilizar o galego nos traballos científicos. A Mesa exíxelle ao goberno do Estado que “depoña a actitude de desprezo ás linguas oficiais diferentes do castelán” e que actúe para garantir a posibilidade de uso. “Unha posibilidade”, salienta, “vetada a través das máis de 500 disposicións legais como a convocatoria deste premio”.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.