🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Amplíase até abril a recollida de apoios á iniciativa popular Xabarín para mellorar a programación infantil e xuvenil en galego

A Mesa pola Normalización Lingüística anuncia a ampliación até a sexta feira (venres) 2 de abril da recollida de sinaturas para a Proposición Non de Lei de Iniciativa Popular ao Parlamento de Galiza para instar ao goberno galego a tomar as medidas precisas para que a CRTVG aumente a oferta en galego destinada á infancia […]

Lucía Barreiro e Carlos G. Vieito súmanse á comisión permanente da Mesa pola Normalización Lingüística

A Mesa pola Normalización Lingüística incorporou onte a mañá dúas novas voces á súa comisión permantente: Lucía Barreiro (O Pino, 1991), docente de secundaria e coordinadora do Correlingua até xuño deste ano 2020, e Carlos García Vieito (Santa Comba, 1992), consultor promotor de inciativas como Twitter en galego e Instagram en galego. Ambos os dous […]

O Ministerio de Igualdade discrimina o galego nos seus premios ás mellores teses doutorais sobre violencia contra as mulleres

O Ministerio de Igualdade “nega o mínimo recoñecemento do galego”, ao excluír dos Premios da Delegación do Gobierno contra a Violencia de Xénero a teses doctorais sobre violencia contra a muller (ligazón á convocatoria) os traballos que foran presentados en calquera lingua oficial do Estado, diferente do castelán. “De tal xeito que unha tese en […]

Reclamamos no Congreso dos Deputados “compromisos concretos” coa defensa dos dereitos lingüísticos de toda a cidadanía

Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, visitou esta mañá o Congreso dos Deputados para reclamar, xunto con Paul Bilbao Sarria, de Kontseilua; Francesc Marco, da Plataforma per la Llengua; Inaciu Galán, de Iniciativa pel Asturianu; e Laia Maurí, de Escola Valenciana, “compromisos concretos” coa defensa dos dereitos lingüísticos de toda a cidadanía á […]

Unha muller viguesa denunciou a través da Liña do Galego o maltrato recibido por ela e mais polo seu fillo o pasado día 10 de xaneiro, no servizo de urxencias do hospital Álvaro Cunqueiro

Unha muller viguesa denunciou a través da Liña do Galego o maltrato recibido por ela e mais polo seu fillo o pasado día 10 de xaneiro, no servizo de urxencias do hospital Álvaro Cunqueiro, cando unha pediatra lles esixiu “de moi malas maneiras” que se dirixisen a ela en castelán, “porque ela non é galega”. […]

Unha de cada catro menores de 15 anos non sabe falar galego

Os resultados da enquisa sobre Uso habitual e inicial do galego feitos públicos esta mañá polo IGE constatan a falta de liberdade para vivir en galego coa normalidade que sería propia dunha lingua oficial que vén sinalando A Mesa reiteradamente. Consolídase a perda continuada de falantes, especialmente no ámbito urbano, e mais a diglosia nas relacións sociais, […]

O PSOE-PSdG apoia o manifesto a prol da pluralidade lingüística que promoven a Mesa, xunto con entidades do resto do Estado

A Mesa pola Normalización Lingüística reuniuse o pasado día 30 en Compostela con Concepción Burgo, do PSOE-PSdG, para presentarlle o Manifesto a prol da pluralidade lingüística: liberdade, igualdade, democracia promovido pola entidade de defensa dos dereitos linüísticos, xunto con entidades do resto do Estado, como Kontseilua (Euskal Herria), Ómnium Cultural, Ciemen e Plataforma per la Llengua […]

A Mesa participa hoxe en Bruxelas no Foro Rexional Europeo das Minorías, organizado pola ONU

A directora de Abertos ao galego, Celia Armas, participa hoxe en Bruxelas en representación da Mesa pola Normalización Lingüística no Foro Rexional Europeo para as Minorías organizado pola ONU baixo o título Educación, Linguas e os Dereitos Humanos das Minorías. Previamente, onte pola tarde, Armas participou tamén nunha reunión do comité da Rede Europea para […]

A Mesa e a AS-PG publican Pondaliana, un libro disco ilustrado por Leandro Lamas con poemas musicados de Eduardo Pondal

A Mesa pola Normalización Lingüística e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) veñen de tirar do prelo Pondaliana, un libro disco que contén quince poemas musicados dun dos grandes escritores da literatura galega, Eduardo Pondal. O cedé, ilustrado por Leandro Lamas, é froito da colaboración de máis dunha ducia de músicos coordinados polo profesor Francisco Rodríguez e pola Sociedade […]

A Mesa promove, xunto con entidades do resto do Estado, un manifesto a prol da pluralidade lingüística

Pontevedra acolleu esta mañá a presentación do Manifesto a prol da pluralidade lingüística: liberdade, igualdade, democracia promovido por entidades de todo o Estado. A Mesa pola Normalización Lingüística, Kontseilua (Euskal Herria), Ómnium Cultural, Ciemen e Plataforma per la Llengua (Cataluña), Acción Cultural del País Valencia (País Valenciá), Nogará (Aragón) e Iniciativa pel Asturianu (Asturias) impulsan […]