Policía e servizos de limpeza actúan en 25 puntos da cidade por xeo na calzada

As baixas temperaturas, con termómetros baixo cero en moitas zonas da cidade, mantivo á Policía Local en alerta para detectar placas de xeos e dar aviso aos servizos de limpeza. Foi necesario aplicar sal en 25 puntos de rúas e estradas, especialmente en lugares altos do rural.
Publicado por o día 08/01/2021 na sección de Galicia,Concello de Vigo,Vigo

Policía e servizos de limpeza actúan en 25 puntos da cidade por xeo na calzada

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este venres da intervención da Policía Local e o servizos de limpeza debido á presenza de xeo en diferentes rúas e estradas do casco urbano e do rural. Segundo explicou o rexedor, as baixas temperaturas provocou que algunhas zonas foxe necesario aplicar sal para evitar que a calzada estivese esvaradía.

Así, os servizos de limpeza acudiron á rúa San Amaro, Avenida Santa Mariña, Avenida da Ponte, Avenida do Tranvía, rúa Manuel Cominges, Estrada do Freixo, Estrada Garrida-Valadares, Subida Monte Alba, rúa dos Pazos, Estrada da Balsa, Estrada Coutada, Estrada do Portal, Estrada Clara Campoamor e Camiño da Capela.

Ademais, axentes da Policía Local realizaron numerosas inspeccións no casco urbano e rural para descartar a presenza de xeo, entre outras zonas no Camiño Hermida, Ricardo Mella, Areal, estación de Renfe, Estrada da Vía, Travesía de Vigo e Carretera Zondal.