O Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia rexeitou esta semana dous recursos sobre o contrato de abastecemento e saneamento de Pontevedra interposto por dúas empresas que concurriron á licitación e non resultaron gañadoras. Ademais de desestimar os dous recursos tamén levanta a suspensión sobre a sinatura do contrato que se producirá ao longo da vindeira semana.
O portavoz do Goberno e responsable de Contratación e do Ciclo da Auga, Raimundo González explicou que “tiñamos confianza no traballo feito polos técnicos municipais. Sabiamos dese excelente traballo. A conclusión desta situación é que con esta resolución queda suficientemente clarificado que foi un contrato feito con luz e taquígrafos porque pasa o filtro do Tribunal”. Tamén asegurou que a próxima sinatura do contrato implica un gran beneficio para o conxunto dos pontevedreses, “de aí que me sinta especialmente satisfetio deste contrato polo investimento muntimillonario que suporá para os pontevedreses”.
Con carácter xeral, as grandes cifras do contrato da auga, que se asinará para os vindeiros 20 anos, son:
- Prezo de adxudicación: 5.870.000 €/ano, sen IVE
- Canon: 7.810.327,00€
- Melloras ofertadas: 58.028.179,44€
Entre os investimentos ofertados destacan obras en infraestrutura, saneamento e abastecemento. As de infraestrutura serán por un total de 2.175.096,88 euros.
- Rede de sumidoiros e pluviais na rúa da Porta Grande 121.846,14 €
- Renovación de servizos e reurbanización da rúa Echegarai 663.916,35€
- Impermeabilización do depósito da ETAP 544.008,49€
- Substitución da rede xeral de abastecemento baixo a AP-9 238.221,02€
- Mellora do bombeo de auga de Monte Porreiro 607.104,88€
As obras de saneamento serán por valor de 25.619.876,80 euros para:
- Obras de ampliación da rede de sumidoiros
- 90 km da rede de saneamento
- 22 EBARs (bombeos de augas residuais)
En abastecemento a inversión será de 30.233.205,76 euros para:
- Obras de ampliación da rede de abastecemento
- 153 Km de redes de abastecemento auga
- 1 novo Depósito
Contrato saneamento e abastecemento
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.