A Horta Colectiva do Berbés naceu en Outono de 2011, cando un grupo de veciños e activistas, comezaron a limpar de residuos urbanos (algúns deles altamente tóxicos e contaminantes (pilas, plasticos, uralitas de amianto, xeringuillas,…), e cultivar varias parcelas das moitas abandonadas pola inmobiliaria de Karpin.
Amais do cultivo produtivo en si, a Horta Colectiva do Berbés ten realizado un sinumero de actividades culturais e divulgativas deste “patrimonio histórico verde” e a nosa horta colectiva e ecolóxica. Charlas en multiples
Centros Sociais de Vigo e contorna (Casco Vello, Calvario, Coruxo,…incluso fomos convidados ás V xornadas de BioConstruccion de Galicia, en Moforte).
Rutas guiadas polo Casco Vello, para amosar á cidadania os valores historico culturais e ambientais da Horta do antigo Convento de San Francisco do Berbés e a Barroca.
Festas, concertos e mostras de arte no interior da horta (Festas da Primaveras, Magostos,…) O abandono do “Ámbito do Barrio do Cura” por parte do Concello de Vigo.
Revindicacións da protesta
Pedimos o fin do abandono do “Ámbito do Barrio do Cura” por parte do Concello de Vigo. Dende que en 1999 se recalificou o Asilo, a administración municipal ten abandonado a limpeza e mantemento de equipamentos urbans neste ámbito e o seu entorno (principalmente o Barrio do Cura, a rúa Santa Marta e Llorente), fallando a iluminación pública e ausencia de papeleiras: o extremo é tal, que ante a total ausencia de limpeza da vía pública, deuse un crecemento da vexetación tal que impide acceder acceder a parte baixa do Barrio do Cura nin ao camiño da Horta do Berbés. Lembramos que o Barrio do Cura non é propiedade privada, se non é vía publica responsabiliade do concello (e que ademais é vía pública pertencenete ao BIC Casco Vello). Esiximos a limpeza inmediata da totalidade da vía pública do ámbito (incluido o antigo sendeiro de acceso a horta); esiximos a reposición e colocacion de iluminación pública e papeleiras nestas rúas, asi como o arranxo da beirarua das rúas Llorente e Santa Marta.
Denunciamos o abandono e deterioro irreversible desta parte do Ben de Interes Cultural do Casco Vello de Vigo. A pesar de reiteradas instancias e denuncias (1 no Concello e outra na Xunta en verán do 2014; e dúas reiteradas perante a Xunta en 2016), a pasividade de Xunta e Concello de Vigo na conservacion dos elementos de Patrimonio Histórico deste ámbito é brutal e vergoñento. Nomeadamente as vivendas dos numeros 10,11,12 e 13 do Barrio do Cura e o seu lavadoiro, que conforman un valiosisimo conxunto etnográfico, forman parte do BIC Casco Vello, pero dado abandono de ambas administracións públicas, xa sufriron derrubes parciais e hai risco inminete de colapso xeral. Por esta causa de abandono nos seus deberes de protección e conservación doo Patrimonio está aberto xuizo no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Opoñemonos ao planeamento urbanistico que está a avanzar o Concello de Vigo.
a) Porque consideramos que a destrucción de 55 dos 60 inmobles históricos (algúns do s XVIII, ou sexa, dos máis antigos de Vigo) deste ámbito incluido no BIC e PEPRI do Casco Vello é totalmente incompatible coa conservación e disfrute do noso patrimonio e cidade.
b) Porque é intolerable que na última modificación do planemento deste ámbito se teñan descatalogado “de golpe y plumazo” 7 dos 11 inmobles que si foran catalogados no PEPRI do 2006 como “a conservar”. Ainda por riba, 4 dos 5 que si manteñen actualemente como elementos a conservar, son aqueles nº 10,11,12 e 13 do Barrio do Cura…que están a desaparecer polo abandono das administracións públicas.
c) Consideramos que o volume, colocación e forma das novas construccións proxetadas terán un quintuple impacto negativo no Casco Vello, o Centro da Cidade e o entorno deste ámbito (Paseo de Alfonso, ruas Torrecedeira, Pi y Margall,…).
1: En total vaise máis case que a triplicar a superficie construida (de 19,000 m2, vaise pasar a 56.000 m2).
2: Coa apertra da nova rúa que concectará Torrecedeira co Paseo de Alfonso, Vaise aumentar o trafico rodado no Casco Vello e o seu entorno inmediato: o treito alto de Poboadores (actualmente só trafico para residentes) convertirase nunha rúa con tráfico denso e pesado; a Oliveira de Vigo convertirase nunha cuasi-rotonda, inutilizarase a praza enfronte do restarurante “El Castro”; o Camiño de Santa Marta deixará de ser peonil para
para pasar a ser a rampa de acceso ás 300 prazás de parkin da nova urbanización; o numero e volume total de vehiculos na zona aumentarase sustancialmente, coas 300 prazas de parking proxetadas e os vehiculos a maiores que teñan os residentes e grandes comercios que se pretender facer na nova urbanización
3: As novas construccións asoballaran, física e visualmente, as antigas das rúas Poboadores, Paseo de Alfonso e Barrocas; restando visibilidade ao mirador do Paseo de Alfonso, e creando sombras ás vivendas e parque do Berbés e San Francisco.
4: As obras destruiran o acuifero da Barroca, secando a fonte (a máis antiga de Vigo) e lavadorio da Barroca (declarados Patrimonio Histórico)
5: As enormes obras de demolición e construcción crearan suciedade, ruido, vibracións e outras molestias en toda a contorna do ámbito (incluido o Paseo de Alfonso) durante un tempo moi prolongado.
d) A nova construcción destruira dun xeito irreversible os restos da Antiga horta do Convento de San Francisco do Berbés, un “patrimonio historico verde”. O Convento e a súa horta son dos elementos máis antigos e valiosos do patrimonio histórico de Vigo, cruciais no desenvolvemento da vila en cidade entre os séculos XII e XIX.
Denunciamos que a maior parte das “contrapartidas” do novo planeamento para son en realidade “propiedades privadas de uso público” e non via ou parques públicos.
Denunciamos a destrucción da Garderia Municipal de Santa Marta (a única do Casco Vello), un edificio que foi obxeto dunha costosa rehabilitación pagada con fondos europeos no marco do Programa Urban-Vigo 1995-2001. Esta garderia ten unha ubicación e características inmellorables: ten un xardin-horta de 600 m2, está perfectamente soleada e ten acceso dende unha rúa peonil: o Camiño de Santa Marta. Consideramos que destruir un
edificio histórico recentemente reconstruido con fondos europeos é unha grave corrupción política.
Nota: a garderia municipal é un dos elementos arbitrariamente descatalogados do PEPRI 2006.
Denunciamos a corrupción do Concello de Vigo, que en vez de rexenerar e ampliar o Casco Vello de Vigo, pretende destruilo e reducilo. Lembremos que o “ámbito do Barrio do Cura” inclue 23.000 m2 dos 180.000 m2 que compoñen o Casco Vello de Vigo (sen contar edificio do Concello e Praza do Rei); ou sexa estamos a falar de que o Concello de Vigo pretende que 1/8 parte do Casco Vello de Vigo sexa de nova construcción.
Esiximos a rehabilitación das vivendas, ruas e equipamentos públicos do ámbito do “Barrio do Cura”, dun xeito semellante a como se fixo no Barrio Alto-Ferrería.
Esiximos a conservación da Antiga Horta do Convento de San Francisco do Berbés como “patrimonio histórico verde”
Esiximos o establecementos dun Xardín-Horta de PROPIEDADE PÚBLICA nos máis de 10.000 m2 de espazo verde que actualmente se conservan da Antiga Horta do Convento de San Francisco do Berbés
Esiximos a conservación do Acuifero da Barroca e a rehabilitación do Lavadoiro do Barrio do Cura.
Esiximos a inmediata apertura dun sendeiro para peons e bicicletas a traves da Antiga Horta do Convento de San Francisco do Berbés, que conecten Torrecedira e Santa Marta con Poboadores.
Esiximos unha alternativa habitacional digna para a xente que se acobilla nos edificios abandonados deste ámbito.
Suxerimos que o Concello de Vigo cree unha horta-escola urbana no Xardín do Berbés, no que os veciños do Casco Vello aprendan a cultivala e coidala terra tal e como se leva facendo neste lugar dende 1158 (excepto entre 1999, cando chegou Karpin, e 2011, cando chegamos nós).
Fotos Actividades e Eventos










Páxina de Facebook https://www.facebook.com/hortadoberbes/
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.
Una respuesta para "Que é o colectivo horta do Berbés?"