Ecoloxistas en Acción, Petón do Lobo e A Cova Creva solicitan á Secretaría Xeral para o Deporte, competencia da Presidencia da Xunta, poder ter acceso dixital á información ambiental relativa ao Plan de Campionatos da Federación galega de caza para a tempada 2021/2022.
Solicitan estas tres organizaciones ecoloxistas por tanto acceso íntegro ao expediente administrativo que ampara estes Campionatos e ademais a:
- Informes técnicos que avalan cada un dos campionatos indicados no Anexo en relación ao censo de especies e a súa sustentabilidadeambiental
- Cartografía ou planos das áreas que abranguen cada un dos campionatos.
- Avaliación de impacto ambiental ou Informe de repercusións sobre a Rede Natura, para aqueles que poidan afectar aos espazos da RedeNatura 2000.
- Autorización do órgano competente da Consellería de Medio Ambiente para aqueles casos derivados do artigo 54 do Decreto 284/ 2001, 11de outubro, polo que se aproba o regulamento de caza de Galicia.
Ademais lembran que como queira que o Convenio de Aarhus establece a participación pública en todas aquelas cuestións con repercusións sobre o medioambiente, teñen dereito a información relativa á participación pública na aprobación deste Plan de Campionatos da Federación galega de caza para a tempada 2021/2022 (lugar e data da exposición pública, plan sometido a exposición pública…etc.).
Todos os anos se celebran en Galicia diferentes campionatos de caza. O máis polémico é o do raposo, pero non é o único. Outros, menos coñecidos, como os da arcea pasan máis desapercividos. Desde o ecoloxismo alertan da grave falta de información que rodea este tipo de eventos multitudinarios. Sinalan que nos campionatos de caza gaña aquel que máis mata. E preguntan cómo pode xustificarse un evento así dende o punto de vista medioambiental, cales son os estudos científicos que avalan que este tipo de matanzas se levan a cabo. Ditas organizacións preguntan que se a Presidencia xustifica o campionato de caza do raposo porque hai unha suposta “superpoboación”, quere isto dicer que existe unha superpoboación de arcea que xustifica o campionato de caza da mesma? Existe algún censo que avalíe o estado das poboacións da arcea en Galicia? Cal é o número de exemplares invernantes? E o de nidificantes? Cal é a tendencia da especie en Galicia? Sinalan que estas son preguntas que deberían respostarse antes de facer calquer evento que implique a morte deste ou calquer outro animal.
As ecoloxistas sinalan que ante estes eventos deportivos no medio natural, débese prestar maior atención ao impacto que poidan ter no medio ambiente na zona afectada, incluso cando estos se celebran cun itinerario marcado previamente. Recalcan que dita información debe estar sempre á disposición da cidadanía en tempo e forma, para dotar á sociedade dos mecanismos necesarios para defender o seu propio hábitat natural.
Resaltan que cando nos atopamos perante dun campionato de caza, estes mecanismos deben ser aínda máis reforzados, xa que o impacto é moito maior. Aféctase ás especies animais que habitan no lugar, efectúase un verquido de chumbo ao medio ambiente e ponse en risco ao resto dos usuarios do monte. Por iso preguntan se se está a medilo impacto que os eventos multitudinarios de caza teñen sobre os hábitats naturais, e de ser así, queren exercelo dereito de saber quen fai eses informes e onde fican.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.