Unha muller foi evacuada ata o hospital Álvaro Cunqueiro tras sufrir un accidente cunha máquina agrícola no termo municipal pontevedrés do Rosal.
Segundo a información facilitada pola persoa particular que chamou ao 112 Galicia ao fío das 09:45 horas, a ferida foi alcanzada polo motocultor e necesitaba asistencia sanitaria. De feito, nun principio sinalaba a necesidade de uso do material de excarceración, pero, unha vez no lugar do suceso, os equipos de intervención confirmaron que a muller atopábase liberada e accesible.
As lesións provocadas polo accidente motivaron o traslado do equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ata a Rúa do Moran, á altura do número 26. Para colaborar co persoal sanitario, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención dos Bombeiros do Porriño, dos membros do GES da Guarda e dos efectivos de Protección Civil da localidade. Este é o terceiro accidente con feridos provocado polo uso de máquinas agrícolas rexistrado polo 112 Galicia nas últimas 24 horas.
No operativo tamén colaboraron os axentes da Garda Civil e da Policía Local.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.