Unha persoa faleceu e outras dúas quedaron atrapadas nun coche que caeu a un regato, na Cañiza

Publicado por o día 25/07/2020 na sección de Sucesos

Unha persoa faleceu e outras dúas quedaron atrapadas nun coche que caeu a un regato, na Cañiza

Unha persoa perdeu a vida e outras dúas quedaron atrapadas no interior dun coche que caeu a un regato desde unha ponte, na Cañiza.

Para liberar ás vítimas, acudiron ao lugar do accidente os Bombeiros de Baixo Miño e Ponteareas.

Faltaban uns minutos para as sete da tarde cando o 112 Galicia recibiu varias chamadas de persoas particulares que alertaban dun vehículo que caeu á auga no lugar de Regueira do Aceval, no límite entre os concellos de Arbo e A Cañiza. Como consecuencia da caída, o vehículo envorcou e quedou coas rodas para arriba a 10 metros da beira do río, polo que, decontado, pediuse a colaboración dos membros do GES-Bombeiros de Ponteareas e tamén do Baixo Miño para liberar a dúas das tres persoas que ían no coche, das cales unha faleceu. Así o confirmaron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 nada máis chegar ao lugar do accidente, polo que nada puideron facer por salvarlle a vida.

Igualmente, solicitouse a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico, que, nestes intres, facilitan as labores de aterraxe do helicóptero medicalizado con base en Ourense, dispoñible para un rápido traslado dos feridos.

Cómpre indicar que este operativo complétase co persoal da Comandancia Naval do Miño.