Á Marxe Vigo diríxese ao señor Ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións do Goberno de España José Luis Escrivá e ao INSS

Publicado por o día 27/01/2021 na sección de Á Marxe,Galicia,Social,Vigo

Á Marxe Vigo diríxese ao señor Ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións do Goberno de España José Luis Escrivá e ao INSS

Bos días

Dirixímonos ao señor Ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións do Goberno de España José Luis Escrivá e ao INSS.

Contámosvos levamos pedindo a revisión do IMV dunha nai monoparental, de violencia de xénero con tres menores a cargo desde o 18-06-20, primeiro presentando as alegacións correspondentes, ao non haber resposta puxémonos en contacto con vostede señor ministro, contestándonos o seu Gabinete o 16-11-2020 que remitían o e-mail ao organismo correspondente para que nos contestasen no menor prazo posible.

Recibimos a contestación, do INSS o 15-12-2020, onde se nos remitiu á Lei, xa que non tiñan o nome da persoa á que nos referiamos, polo que na nosa resposta enviámoslles as alegacións presentadas onde consta que durante todos estes meses estivo percibindo a contía de 456,48€, só tendo os ingresos de manutención de dúas dos seus fillos, cando pola súa situación correspóndelle a contía máis alta.

A 30-12-2020 chégalle unha carta requirindo toda a documentación, o 5-01-2021 é enviada toda a documentación requirida vía e-mail, esta nai a día de hoxe 26 de xaneiro do 2021 percibiu a cantidade de 474,33€.

Vostedes dixeron e din que o IMV é unha axuda para que ninguén quede atrás, pois vendo, vivindo esta situación permítannos dicirlles que dista moito da realidade.

Unha axuda que non é compatible por exemplo coa Tarxeta Moedeiro para os alimentos, unha axuda que a esta nai só dálle para pagar o alugueiro xa que paga 450€ non é para non deixar a ninguén atrás como vostedes din é para levar máis á pobreza, á desesperación, de moitas familias.

Non crean que só é esta nai, hai moitas nais, familias que ven como se lles denega por motivos ilóxicos, como as contías que perciben non son as que lles corresponde, un dos motivos de todo isto é que realmente vostedes non saben a pobreza real que hai neste país, outro dos problemas é a saturación no organismo que leva o IMV pois contraten vostedes o persoal cualificado necesario para que ninguén teña que esperar 7 meses a que lle respondan á súa reclamación.

Sentimos vergoña allea dunhas políticas sociais que non están á altura da realidade, das necesidades das persoas vulnerables, non sendo isto a solución para miles de persoas, senón unha reinserción laboral e social que lles permita vivir dignamente.

Comentar noticia

Your email address will not be published.