A pesares da corentena e do peche perimetral, a Oficina de Turismo do Grove pecha o ano con máis de 9.000 visitas

Trátase da cifra máis baixa dende que existen rexistros de turismo pero chega por riba da metade dos anos “normais”.
Publicado por o día 09/01/2021 na sección de Galicia,O Grove

A pesares da corentena e do peche perimetral, a Oficina de Turismo do Grove pecha o ano con máis de 9.000 visitas

A Oficina de Turismo do Grove ven de pechar o 2020 nun contexto atípico no que permaneceu pechada durante seis meses debido aos peches e as limitacións rexistradas. Todo isto coincide coa correspondente baixada de visitantes á localidade tanto polo confinamento como polos peches perimetrais. Deste xeito, e como podemos observar no cadro que recolle o número de visitantes a cifra final supera as 9.000 visitantes. Trátase dunha cifra moi baixa, pero que segue sendo máis da metade do rexistrado en anos como o 2018. Debe destacarse que, a pesares da situación, o mes de agosto acadáronse as 5.000 visitas, o que supón un dato positivo dadas as circunstancias vividas.