A súas maxestades, os Reis Magos de Oriente, percorrerán as rúas do Grove sen itinerario marcado

Os Reis sairán ás 19.00 horas dun lugar indeterminado para percorrer ás rúas da localidade.
Publicado por o día 04/01/2021 na sección de Galicia,O Grove

A súas maxestades, os Reis Magos de Oriente,  percorrerán as rúas do Grove sen itinerario marcado

Os Reis Magos non faltarán a súa cita cos nenos e nenas do Grove inda que este ano haxa que realizar a visita con condicións de seguridade especiais. Deste xeito as súas maxestades iniciarán a visita ás 19.00 horas, pero non se dará información sobre o seu punto de saída para evitar aglomeracións. A partir dese momento percorrerán diversas rúas do Grove para que os cativos poidan velos preferiblemente dende os balcóns e as fiestras. Sexa como sexa insístese en manter as normas de seguridade e distanciamento.

Ás 20.00 horas aproximadamente os Reis serán recibidos no Concello polo Alcalde. Todo o percorrido e a recepción será retransmitido en directo por Todogrove polo que existen moitas posibilidades de poder ver aos tres reis sen que sexa preciso crear aglomeracións que poidan supoñer un risco.