A viguesa Susana Rodríguez Gacio consegue o ouro en Yokohama

Publicado por o día 19/05/2019 na sección de Deportes,Deporte Adaptado

A viguesa Susana Rodríguez Gacio consegue o ouro en Yokohama
A ‘ParaTriArmada’ española volveu a deixar a súa pegada nas Series Mundiais con dúas medallas de ouro e un bronce. En categoría PTVI (cegos ou deficientes visuais), Susana Rodríguez e o seu guía Paula García, así como a parella formada por Jota García e Anxo Salamanca reinaron en Yokohama cunha gran vitoria. O estremeño Kini Carrasco subiu ao terceiro caixón do podio en PTS3.
 
As vixentes campioas do mundo e números uno da clasificación chegaban á cidade xaponesa tras obter unha prata na proba de Milán. A viguesa e a madrileña querían volver todo o máis alto e demostraron a súa ambición desde que se lanzaron á auga no peirao de Osanbashi. Saíron en segunda posición, despois realizaron o mellor tempo en tándem (30.43 minutos) e asestaron a dentellada definitiva nos cinco quilómetros da carreira a pé, segmento na que tamén foron as máis rápidas con 21 minutos.
 
Incontestable triunfo para o dúo español, que completou a proba en 1:09.32, por diante da australiana Katie Kelly e da británica Melissa Reid. «Día duro na oficina, tocou sufrir correndo a pé con problemas de asma», asegurou Rodríguez tras finalizar a competición.
Susana Rodríguez Gacio, triatleta paralímpica de Vigo (Galicia). Naceu en 1988 no seo dunha familia sen ningunha tradición deportiva pero pronto comprendeu que o deporte podería ser unha gran ferramenta para o seu desenvolvemento como persoa. Ten unha deficiencia visual grave debido ao albinismo, unha condición xenética que afecta a unha de cada 17.000 persoas de media e que dá lugar á falta de pigmento en pelo, pel e ollos. Para ela isto non é un obstáculo senón unha calidade máis e unha razón para a pesar diso loitar con forza por alcanzar todos os seus soños.