Axudas á forestación: grave risco para aos hábitats de interese e ás especies ameazadas

Publicado por o día 16/05/2018 na sección de Medio Ambiente,Social,Sociedade Galega de Historia Natural

Axudas á forestación: grave risco para aos hábitats de interese e ás especies ameazadas

O pasado 26 de abril publicouse no DOG a “ORDE do 17 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de superficies forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018”.

Segundo o establecido nos artigos 1 e 2, a “orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para a creación de superficies forestais en terras non agrícolas” en “todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia”, contemplando só como zonas excluidas “Os terreos que se atopen en hábitats prioritarios establecidos na Directiva 92/43/CEE” pero obviando a todos os hábitats de interese comunitario que poidan atoparse en “parcelas Sixpac catalogadas como Forestal (FO), pasto con arboredo (PA) ou pasto arbustivo (PR)” de xeito que poderían subvencionarse forestacións en:

  • Todo tipo de hábitats de interese comunitario, como matogueiras secas (4030), outras tipoloxías arbustivas (4060, 4090, 5120), rochedos (8130, 8210, 8220, 8230, 8310), dunas (2110, 2130, 2190, 2230, 2260), lagoas (3110, 3120, 3130, 3140, 3150, 3160), hábitats turfófilos (7140, 7150, 7230), cantís (1210, 1220, 1230), marismas (1310, 1320, 1330, 1420), e outros tipos de hábitats herbáceos (6160, 6170, 6410, 6420, 6430, 6510, 6520).
  • Os hábitats de todas as especies non forestais incluidas nos catálogos galego e español de especies ameazadas

Xa que logo, a ORDE fomenta a destrución de hábitats de interese comunitario dentro da Rede Natura 2000 (de feito os proxectos en Rede Natura recibirían 5 puntos adicionais) para a plantación de especies que en moitos casos son exóticas, como todas as coníferas do Anexo I da ORDE e algunha das frondosas do Anexo II (castiñeiro híbrido, nogueira americana).

Polo tanto, a ORDE entra en total conflito coa regulación establecida polo Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia (Decreto 37/2014), e co marco legal sobre hábitats e especies ameazadas a nivel europeo (Directiva 92/43/CEEDirectiva 2009/147/CE), estatal (Ley 42/2007Real Decreto 139/2011Orden MAM/2784/2004Orden AAA/1771/2015) e autonómico (Lei 9/2001Decreto 88/2007Decreto 167/2011Orde do 6 de maio de 2014).

En consecuencia, SGHN ven de solicitar á Conselleira de Medio Rural (PDF) e á Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (PDF) que cursen as ordes oportunas para que á maior brevidade posible se proceda a subsanar a ORDE cunha correción de erros para que se exclúan do ámbito de actuación non só os hábitats de conservación prioritaria senón tamén os hábitats de interese comunitario establecidos pola Directiva 92/43/CEE e os hábitats de todas as especies ameazadas. Asimesmo, o vogal de Sociedade Galega de Historia Natural no Observatorio Galego da Biodiversidade, que se reúne hoxe, solicitará que o mesmo inste a ambas Consellerías a que se modifique a ORDE.