O Concello de Bueu e o Club do Mar Bueu – Teccarsa decidiron cancelar a VI Regata de Traiñeiras Memorial Pepe O Ruso que se ía celebrar este domingo pola mañá. A decisión vén motivada polas novas restricións establecidas pola Xunta de Galicia ante o aumento de casos de Covid-19 na comunidade. Así, e por cautela, a proba, na que estaban inscritas vinte e unha embarcacións, aprazarase para outro momento no que as circunstancias sanitarias permitan celebrala, como salientaron Ricardo Verde, concelleiro de deportes, e Javier Pazos, membro da directiva do club, na rolda de prensa deste xoves.
Este evento xurdiu no ano 2016 como unha homenaxe a José Novas Fazanes, máis coñecido como “Sr Pepe” ou “Pepe O Ruso”, unha persoa que traballou durante moitos anos e dunha forma totalmente desinteresada polo fomento do deporte do remo na vila bueuesa. Por este motivo, a intención é poder retomala cando a situación sanitaria mellore.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.