Denuncian o mal estado da avenida de Dona Fermina e do estacionamiento de Foxos

O Concello, anuncia desde hai tres o asfaltado da avda de Dona Fermina.
Por o 10/01/2018 | Sección: A.V. Teis,Galicia,Social,Vigo
Denuncian o mal estado da avenida de Dona Fermina e do estacionamiento de Foxos

A Asociación Veciñal de Teis, ven denunciar o mal estado do firme da avenida de Dona Fermina, sendo esta a rúa de acceso o parque da Guía e o estacionamento da 1º Travesía de Foxos. Achego as fotos da avda de Dona Fermina e do estacionamento de 1º travesía de Foxos.

Na avenida de Don Fermina, o Concello de Vigo anunciou o 7 de xaneiro de 2015 (http://xornal.vigo.org/xnnoticia.php?noticia=20610) o asfaltado desta avenida. Levamos agardando polo asfaltado desta via desde fai máis de tres anos. Chama atención que este anuncio xa foi realizado en varias comparecencias públicas do Alcalde e do Concelleiro de Fomento nestes anos incluído en setembro de 2017 (http://xornal.vigo.org/xnnoticia.php?noticia=20610), que logo non se executa.

O estacionamento público da rúa Purificación Saavedra,  presenta un número importante de fochancas de gran tamaño. Esta situación xa foi denunciado en varias ocasións desde xullo de 2016. Debemos ter en conta que este estacionamento público, usase pola veciñanza que vai mercar ao mercado ou aos comercios da rúa Sanjurjo Badía.

O  estacionamento público da rúa Purificación Saavedra,  presenta un número importante de fochancas de gran tamaño. Esta situación xa foi denunciado en varias ocasións nestes anos.

Esta situación indica unha falta de capacidade de xestión por parte do goberno municipal de Vigo, que basea a súa xestión en moita propaganda.

Desde a Asociación Veciñal de Teis, levamos meses reclamando o asfaltado de varias rúas e camiño de Teis, debido o mal estado de conservación do firme.

A Asociación, demanda o asfaltado da avenida de Dona Fermina, rúa Julian Estevez, avenida de Guixar, rúa Gerardo Campos Ramos, rúa Purificación Saavedra, o estacionamento público da 1º Travesía de Foxos, Santa Tegra, Doutor Corbal tramo final, Baixada a Igrexa. Achegamos fotos do estacionamento e avda de Dona Fermina.

Desde o goberno municipal destínanse grandes cantidades do orzamento municipal en remodelar e mellorar rúas, pero logo non son capaces de realizar o mantemento dos viais.

Por último, consideran necesario a elaboración dun plan para o asfaltado dos camiños e rúas de Teis, que inclúa como mínimo os viais indicados entre outros.

Rubens Rocha

Nado en Vigo hai 35 anos. Nacionalista Galego, Fotoxornalista, activista defensor dos dereitos humanos e ambientais. Buscando que se recoñeza e respecte os patrimonios da cidade de Vigo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.