Son moitas as persoas que estades chamando ao Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia para solicitar información ao respecto, polo que recollemos aquí as dúbidas máis frecuentes, aínda que moitas delas non se poderán resolver con seguridade ata que se publique a convocatoria e se vaia desenvolvendo o proceso.
Como vai isto das oposicións da Xunta?
A Oferta Pública de Emprego (OPE) é un anuncio do que se vai convocar. Toda a información completa (número e tipo de probas, temarios, previsión de datas de exame, etc.) incluirase na CONVOCATORIA, que aínda non se publicou, e que se prevé que se publique no DOG no primeiro trimestre do ano.
Se chega ao noso coñecemento calquera novidade ou borrador, informaremos na nosa bolsa de emprego da web do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (posto ‘EDUCADOR/A’ Xunta de Galicia).
Na web da Dirección Xeral de Función Pública da Xunta de Galicia hai un apartado moi útil con ‘preguntas frecuentes’
Cal é o temario?
A lista de temas publicarase na convocatoria.
Se chega ao noso coñecemento calquera novidade ou borrador, informaremos na nosa bolsa de emprego da web do Ceesg (posto ‘EDUCADOR/A’ Xunta de Galicia)
Só como orientación, pode verse o temario do último proceso selectivo de postos de ‘Educador/a. Profesor/a especial’ (como persoal laboral) no DOG do 22/03/2006.
Cando serán os exames?
A previsión é que as probas se realicen a finais de 2018 ou comezos de 2019.
Que titulacións se esixirán para participar?
A Lei de Emprego Público de Galicia recolle que á escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade ‘Educador/a’ poderán acceder persoas coas titulacións de ‘Mestre ou graduado nunha titulación que habilite para o exercicio da profesión de mestre en educación primaria ou diplomado en educación social, ou primeiro ciclo da titulación de licenciado en Pedagoxía, da titulación de licenciado en Psicoloxía ou da titulación de licenciado en Psicopedagoxía, ou graduado nunha titulación da rama de ciencias sociais e xurídicas ou da rama de ciencias da saúde equivalente a calquera das anteriores‘. Polo tanto, é de esperar que as titulacións requiridas vaian ser esas.
É unha situación inxusta e que levamos intentando cambiar dende que existe o Colexio profesional, e que non abandonaremos.
Onde podería traballar?
Hai postos de ‘Educador/a’ en diferentes Consellerías, que teñen como destino sobre todo en Centros de menores e Centros de Atención a Persoas con Discapacidade. Tamén hai postos en Centros de Educación Especial, Xulgados, Equipos técnicos de menores… Podes facerte unha idea botándolle un ollo ás Relacións de Postos de Traballo (RPT) das Consellerías.
Que academias preparan as probas?
Varias academias farán grupos para preparar as probas. No Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia non coñecen os seus métodos nin resultados, polo que nos abstemos de facer recomendacións ao respecto, pero si facemos difusión de aquelas que nos ofrezan algunha vantaxe por estar colexiadas/os. Calquera oferta deste tipo farémola pública a través da nosa web e redes sociais.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.