En Galicia continúase a autorizar o uso de pesticidas prohibidas sen razón

Publicado por o día 06/12/2020 na sección de Ecologistas en Acción,Medio Ambiente,Social

En Galicia continúase a autorizar o uso de pesticidas prohibidas sen razón
  • Ecoloxistas en Acción presenta un informe sobre o grao de cumprimento das condicións para solicitar ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentacióna emisión de autorización excepcional para a comercialización e uso das substancias: 1,3- Diclororopeno, cloropicrina e as súas mesturas.
  • Ecoloxistas en Acción entende que en Galicianon se deron as condicións de emerxencia fitosanitaria, nin de circunstancias especiais, para conceder, en base ao artigo 53 do regulamento CE 1107/2009, a autorización excepcional das dúas substancias (1,3-dicloropropeno + cloropicrina) non autorizadas na Unión Europea.
  • A organización ecoloxista galega lembra que a intervención química mediante fumigación de chan debe ser debidamente xustificada e só se ha de realizar en caso de non poder aplicar outro medio de control cultural, biolóxico ou físico como pode ser o barbeito, a  solarización ou a  biofumigación. En Galicia segundo a información recibida despréndese que NINGUNHA de ditas alternativas, especialmente as biolóxicas, se tiveron en conta, INCUMPRINDO de maneira evidente os disposto na autorización excepcional.

Efectos sobre a saúde

No caso do 1,3- dicloropropeno, en 2007 a Comisión Europea determinou a súa prohibición, sen embargo, esta decisión que foi recorrida 6 pola empresa propietaria dos dereitos,  Dow  Agrosciences.  Finalmente, no ano 2010, o Consello de Europa, decretou definitivamente a súa prohibición por sospeita de contaminación das augas subterráneas e posible contaminación de dez  impurezas por vía aérea de longo percorrido, concluíndo que o risco para organismos non obxectivo (flora, fauna e seres humanos) non era aceptable. Non só a UE alerta da extrema toxicidade da devandita substancia, tamén o Centro Internacional de Investigacións sobre o Cancro (IARC), dependente da Organización Mundial da Saúde (OMS), cualifica o 1,3- dicloropropeno como canceríxeno demostrado en mamíferos, e posiblemente en seres humanos. Respecto á cloropicrina, tamén foi prohibida pola CE en 2011, prohibición trasladada á nosa normativa nacional.

En maio deste ano a organización ecoloxista solicitáballe á Xunta a información sobre a emisión destes productos altamente tóxicos, pero o Goberno de Galicia non fixo entrega de dita  informacion solicitada, polo que se interpuxeron reclamacións ante os distintos consellos de transparencia. Esta solicitude de información baseábase no establecido no anexo das autorizacións excepcionais do 1,3- dicloroproneno,  cloropicrina e as súas mesturas que establece como medidas preventiva: “Mostraxe de chans para análises e detección de organismos nocivos. Só a presenza destes organismos nocivos indicarán a necesidade de intervención”.

A información solicitada á  Xunta foi a seguinte:

  1. Copia dos boletíns de análises de chans onde se especifique os  patógenos e a súa concentración en individuos, colonias, etc. que xustificaron a solicitude á Dirección Xeralda Sanidade da Producción Agraria do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación por parte deste servizo de emisión de resolucións de autorización excepcional das substancias 1,3- Dicloropropeno, Cloropicrina e as súas mesturas, desagregados por solicitude e ano.
  2. Copia dos boletíns de análises de chans previos á aplicación das substancias que xustifiquen a súa necesidade durante o ano 2019 xa vencido.
  3. Copia da documentación pertinente que xustifique a necesidade de aplicación das devanditas substancias químicas por non poder aplicar ningún outro medio de control cultural, biolóxico ou físico.
  4. Estatísticas do número de inspeccións, controis e sancións emitidas durante o ano 2019.


Esta solicitude de información baseábase no establecido como suxerencias pola Oficina do Defensor do Pobo de España, na súa resolución do expediente 16000007 de data 7 de decembro de 2017, que insta a:

  • Realizar mostraxes previas antes de outorgar a autorización excepcional para produtos fitosanitarios a base de 1,3  dicloropropeno,  cloropicrina e as súas mesturas.
  • Reforzar, por parte das administracións públicas,os mecanismos de inspección, vixilancia, control e sanción para asegurar un risco mínimo e cumprindo as condicións legais.


Actualmente están autorizadas 7 substancias para o cultivo do caravel, e o  patógeno  fusarium  spp. Das cales 3 son medidas biolóxicas, que se deben priorizar xunto coas medidas culturais, sobre as substancias químicas, segundo o establecido na Xestión Integrada de Pragas do Real Decreto 1311/2012 e na directiva europea CE/128/2009, e por tanto, en ningún caso deberíase producir a resolución de autorización excepcional para o cultivo do caravel na comunidade autónoma de Galicia, nin no ano 2019 nin no 2020.

DESCARGAR INFORME

Comentar noticia

Your email address will not be published.