Plataforma en Defensa da Ría de Vigo insta os plenos municipais a rexeitar máis recheos na baía viguesa

Publicado por o día 05/11/2019 na sección de Galicia,Social,Vigo

Plataforma en Defensa da Ría de Vigo insta os plenos municipais a rexeitar máis recheos na baía viguesa

A Plataforma en Defensa da Ría de Vigo instou aos plenos municipais dos concellos a rexeitar a creación de máis recheos portuarios na baía viguesa, e urxiu a posta en marcha da Plataforma Loxística de Salvaterra-As Neves, para que o progreso do Porto non dependa de seguir gañando terreo ao mar.

Así o trasladou o presidente desta plataforma, Serxio Regueira, nunha rolda de prensa na que denunciou que a Autoridade Portuaria de Vigo “segue tramitando” obras de recheo na ría a pesar de ter “anulada a Delimitación de Espazos e Usos Portuarios”, sen ter en conta as consecuencias esas obras nos bancos marisqueiros, na dinámica de correntes, ou o impacto ambiental e “para as condicións de vida das persoas”.

A moción

A pesares de se ter anulado por sentenza firme do T. Supremo o DEUP, (Delimitación de Espazos e Usos Portuarios), no porto de Vigo seguen a realizar propostas e adxudicación de estudos e proxectos, que poden raiar a ilegalidade.

– Ampliación de aterrados.

– Ampliación e autorización a AUCOSA, (actualmente con orden de paralización).

– Conversión da nave do tinglado, (nave da fruta), en oficinas, aduanas, tendas de utensilios deportivos e outros, (Que bai pasar co edificio antiguo de Aduanas?. Bai ser pribatizado?).

– Se manteñen e incrementan instalacións industriais que para nada precisan a súa ubicación no vordo costeiro. (frigorificos, almacén e reparación de contedores, supermecados, almacenamento das mercadorias, etc.

– Nada se fai para a implatación dun servicio ferroviario entre o porto e os poligonos do interior, Porriño, Salvaterra, entre outros.

– Despois de termos mantido diversas reunións con representantes dos distintos partidos políticos, presentamos an todos os concellos da ría un escrito paraa que sexa aprobado nos plenos e nos permita defender con mais contundecia, a pervivencia da ría e os seus recursos naturarias e medio ambientais, co seguinte texto:

A Autoridade Portuaria de Vigo está elaborando os documentos nos que se deseñan novos aterrados na ría de Vigo coa excusa da necesidade de acadar máis superficie para desenvolver a actividade portuaria, obras estas que afectarían negativamente aos sectores do mar (pesca artesanal, marisqueo, mexilloeiros, etc), turismo e á calidade ambiental da ría e os seus habitantes.

Os terreos gañados ó mar na liña costeira do concello de Vigo, ata o momento, equivalen a 3.200.000 m2 dos que somentes unha parte está dedicada a usos portuarios, estando o resto integrados na trama urbana da cidade ó ser vendidos para a construcción de edificacións privadas ou espacios públicos.

Para que o porto de Vigo sega sendo competitivo e poida mellorar a súa actividade non é preciso seguir ocupando a lámina de auga con novos recheos, máis ben compre poñer en funcionamento o porto seco de Salvaterra-As Neves cunha liña de ferrocarril que axilice o tránsito de mercadorías entre ambas plataformas portuarias, que potencie o desenvolvemento industrial da provincia de Pontevedra

conectando os demáis polígonos do interior e modernizando a liña que nos conecta con Ourense polo Miño.

A proposta de aterramento por parte da autoridade portuaria de Vigo de 65.000 m² en Bouzas e outro no Areal de 50.000 m2 é a más perxudicial e depredadora que se poida adoptar cando do que se trata é de explotar os recursos naturais de forma racional e sostible. Este modelo de enxeñería pensabamos que estaba desbotada xa que se utilizaron recentemente para a ampliación do porto outras solucións menos agresivas, como a do peirao do Areal por medio de pilotes que non obstaculizan a dinámica das correntes mariñas. Lamentablemente os actuais responsables da Autoridade Portuaria de Vigo non mostran o respeto nin o interese debido na protección dun medio tan singular como é a ría de Vigo que debería de ser un modelo de conservación e potenciación dos recursos mariños e da economía que deles se deriva dada a súa excelencia. No historial do porto de Vigo quedou constancia de que cada ampliación sobre a lámina de auga favorece a liberación dos terrenos gañados anteriormente para ser destinados a usos que non corresponden á actividade portuaria. Non é lícito o uso da forza institucional para o logro de rendabilidades curtopracistas que hipotecan o futuro de vindeiras xeracións.

A nosa organización PDRV “CIES” non se opón ao progreso sostible do porto pero sí a calquera recheo sobre a ría de Vigo e o seu ámbito litoral. Antes de optar por ampliar a superficie portuaria é preciso optimizala eliminando actividades impropias ya que se ten convertido nun polígono industrial ó mesmo tempo que almacén, restaurante, oficina, sala de exposicións…etc, actividades que se poden desenvolver en cualqueira superficie acondicionada lonxe do borde litoral. Por causa desta práctica depredadora teñense perdido os mellores bancos marisqueiros e de pesca causando a perda de miles de postos de traballo e un dano irreversible á natureza.

Denunciamos publicamente a actitude da Autoridade Portuaria que agrede a ría, desoe as propostas ciudadás, priva ás xentes que viven do mar, do turismo, a restauración e destrue o valor da natureza. Un puerto debe de acoller únicamente as actividades que necesiten utilizar a lámina de auga tales comola carga e descarga de mercadorías, pasaxeiros, construcción naval e lonxas fundamentalmente.

Por todo o exposto e sendo unha entidade con interese lexitimo, nas actuacións que nos ocupan, dado que o noso ámbito de actuación de acordo aos estatuto abrangue todo o territorio da Ría de Vigo e as bacías que verten nela SOLICITA

Do Pleno da corporación municipal que se adopten os seguintes acordos:

Demandar da Autoridade Portuaria de Vigo

1.- A anulación dos aterramentos anunciados publicamente (65.000 m² en Bouzas e 50.000 m2 no Areal), na zona de Rande, (Duches – Regasenta), ou calquera outro no ámbito litotal da ría de Vigo.

2.- Sexa posto en funcionamento o porto seco de Salvaterra-As Neves cunha liña de ferrocarril que axilice o tránsito de mercadorías entre ambas plataformas portuarias que potencie o desenvolvemento industrial da provincia de Pontevedra e

conecte os demais polígonos do interior modernizando a liña que nos conecta con Ourense polo Miño.

3.- Se proceda á optimización das superficies da plataforma eliminando actividades impropias do porto desprazandoas aos polígonos ou ámbitos apropiados fóra do recinto portuario.

4.- Que os membros da corporación municipal con representación no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo demanden o cumprimento dos acordos plenarios aprobados.

5.- Dar traslado deste acordo á Autoridade Portuaria de Vigo, Ministerio de Transición Ecolóxica, Ministerio de Fomento, Congreso dos Deputados, Parlamento e Goberno de Galicia.