O parque eólico “Banzas” e a liña de evacuación eléctrica asociada van alterar un dos redutos de bosque atlántico húmido mellorconservados do país, con presenza de especies moi raras, ameazadas e en perigo de extinción.
A desfeita eólica non para: desta volta tócalle a un espazo pouco coñecido mais non por iso menos importante. Trátasese da carballeira de Santa Locaia, nos concellos e Serra de Outes e Mazaricos. Na veciñanza deste espazo están proxectados varios parques eólicos , o máis próximo o de banzas, promovido por Green Capital Power.
Unha tramitación fragmentada á medida das empresas: a fraude que a Xunta tolera
O PE “Banzas” partilla infraestruturas co PE “Maragouto” através dunha liña de evacuación eléctrica conxunta, sendo as tres infraestruturas promovidas pola mesma empresa. Esta liña eléctrica forma parte indisoluble destes proxectos eólicos e os seus impactos deberían avaliarse conxuntamente como establece varia xurisprudencia, por exemplo a recente sentenza do TSXG (Tribunal Superior de Xustiza de Galiza) 00254/2020 de 9 de novembro de 2020, ou a STS (Tribunal Supremo) 1390/2017 do 30 de marzo do 2017.
Ao non considerar os efectos ambientaos conxuntos destas tres infraestruturas dependentes evidénciase unha intención de fragmentar artificialmente a súa tramitación coa fin de obviar a avaliación dos efectos sinérxicos dos tres proxectos e así minimizar os seus impactos.
No estudo de impacto do PE “Banzas” non hai mención algunha á liña de evacuación conxunta proxectada, actualmente obxecto dunha tramitación separada..
Un espazo proposto para integrar a Rede Natura 2000 que o PP deixou fóra
No estudo de impacto do PE “Banzas” non se avalían as afeccións tanto dos aeroxeradores, pistas de acceso e transformadores, como da liña de evacuación eléctrica sobre a Devesa ou Carballeira de Santa Locaia, espazo que alberga 4 especies de Pteridophyta consideradas vulnerábeis polo Catálogo Galego de Especies Ameazadas e outras 2 de liques coa categoría de “en perigo de extinción” no dito CGEA. Estas 6 especies de flora protexida son: Dryopteris guanchica, Dryopteris aemula, Woodwardia radicans, Hymenophyllum tubrigense, Leptogium cochleatum e Pseudocyphellaria aurata. Estes taxóns son altamente dependentes dunha elevada humidade ambiental que proporcionan tanto o curso fluvial (Rego da Denonciña) como a masa forestal de carballeira húmida existente en Santa Locaia, que se verán afectadas gravemente e de xeito permanente polas obras, dando lugar a variacións no fluxo da auga superficial e soterrada que soportan os taxóns protexidos no bosque húmido.
Tais valores naturais provocaron que en 2008 a Xunta (goberno bipartito) propuxera esta área para conformar a nova ZEC (Zona de Especial Conservación) da “Devesa de Chacín” integrada na proposta de ampliación a RN2000. Esta proposta de ampliación foi desbotada polo PP logo da súa chegada á Xunta, presentando outra máis cativa en 2011 que nen sequera se chegou a aprobar…
Dende entón, este valioso espazo veu sofrindo periódicas talas e a crecente presión do eucalipto, que van relegando o bosque húmido atlántico ás áreas interiores das vagoadas. Agora, o desleixo cómplice de Feijóo e a cobiza das eléctricas ameazan con facer desaparecer un patrimonio natural único.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.