🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Unha persoa foi atropelada polo mesmo tractor que manexaba en Mondariz

Os servizos sanitarios de urxencia atenden neste intres a unha persoa á que lle pasou por riba o tractor que manexaba. Ocorreu ás sete desta tarde na PO252 ao paso pola localidade de Mondariz, tal e como indicou unha testemuña do accidente a través da súa chamada ao 112 Galicia. Decontado, desprazouse unha dotación de […]

Dúas persoas feridas, unha delas evacuada en helicóptero, nunha colisión entre unha moto e un coche en Mondariz

Dúas persoas que circulaban nunha moto resultaron feridas esta tarde ao colidir contra un turismo en Mondariz. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, unha delas foi evacuada nun helicóptero medicalizado mobilizado por Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Pola súa banda, a outra persoa ferida foi trasladada nunha ambulancia ao centro hospitalario de referencia. O accidente […]

O “Son clásico” da Orquestra de Cámara Galega chega este sábado a Mondariz-Balneario da man do programa da Deputación de Pontevedra Musigal 2019

O programa da Deputación de Pontevedra, Musigal 2019, levará este sábado ata Mondariz-Balneario a actuación da Orquestra de Cámara Galega na sala de cultura do concello a partir das 21.30 h. Mediante Musigal, a institución provincial está a espallar a programación artística e cultural polos concellos da provincia. A Orquestra de Cámara Galega (OCGa) naceu en […]

Santos Héctor supervisa en Mondariz as “demandadas” obras de mellora dos campos municipais de fútbol da Lagoa

As obras para a dotación e mellora de infraestruturas nos campos municipais de fútbol da Lagoa, en Mondariz, entran no tramo final de execución, estando previsto que estean rematadas a finais do mes de setembro. Hoxe o proxecto, financiado na súa totalidade pola Deputación de Pontevedra con 529.962,31 euros ao abeiro do Plan de Reequilibrio e do Plan […]

Primeiro reparto de composteiros do Plan Revitaliza en Mondariz Balneario

A veciñanza de Mondariz Balneario vai comezar a compostar os seus biorresiduos de xeito inminente grazas ao Plan Revitaliza da Deputación. Persoal técnico provincial dará unha charla informativa e entregará os primeiros composteiros individuais para as familias con casas con horta das parroquias de San Pedro e O Pazo mañá xoves ás oito da tarde na […]