Unha condutora resulta ferida leve malia saírse da vía e dar varias voltas de campá o vehículo que conducía

Publicado por o día 28/01/2021 na sección de Galicia,Sucesos

Unha condutora resulta ferida leve malia saírse da vía e dar varias voltas de campá o vehículo que conducía

Unha condutora sofre feridas leves pese a saírse da vía e dar varias voltas de campá o coche que conducía pola AG11, á altura de Boiro.

Un aparatoso accidente que mobilizou aos servizos de emerxencia contra as 20:30 horas de onte tras a chamada de alerta dun particular ao 112 Galicia, que viu como a muller saía do vehículo envorcado.

Ao lugar acudiron os Bombeiros de Boiro e tamén os membros do servizo local de Protección Civil para comprobar que, malia a situación na que quedou o vehículo, a condutora estaba liberada e apenas tiña algunhas feridas leves. Iso si, estaba bastante nerviosa despois de dar varias voltas de campá co seu vehículo. Con todo, solicitouse a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Continúa a marcha tras unha colisión cun motorista na Coruña

Ademais, o 112 Galicia tivo coñecemento doutro accidente no que resultou afectado un motorista. O condutor do turismo co que bateu no cruce entre a Ronda de Outeiro e a Avenida dos Mallos continuou a marcha tras a colisión, segundo explicaron as testemuñas do suceso que chamaron ao 112 Galicia para solicitar asistencia para o motorista. Eran preto das dez da noite de onte.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, pasouse o aviso aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como aos axentes da Policía Local co fin de coñecer todos os detalles relacionados con este accidente.