2021, o obxectivo debe ser manter os ERTE e derrogar as reformas laborais

UGT-Galicia alerta que a contratación xa cae en máis de 20.000 nun ano e que o desemprego medra interanualmente xa ó ritmo da crise de 2008
Publicado por o día 05/01/2021 na sección de Sindicatos,UGT

2021, o obxectivo debe ser manter os ERTE e derrogar as reformas laborais

Os datos de paro e afiliación confirman, unha vez máis, a absoluta dependencia da actividade e o emprego da evolución da pandemia, por tanto, falar de emprego supón garantir en primeiro lugar a saúde da poboación e acelerar o proceso de vacinación que acaba de iniciarse.

Mentres tanto, é vital seguir protexendo as rendas e os empregos en empresas e fogares. Non é o momento de escatimar recursos, senón de investir. Un primeiro paso para iso foi a aprobación dos Orzamentos Xerais do Estado para 2021, pero tamén é imprescindible prorrogar o actual acordo dos ERTE, que termina o 31 de xaneiro. Este acordo debe servir para axudar ás empresas, pero ao mesmo tempo debe garantir a permanencia do emprego unha vez superada a crise, é dicir, evitar despedimentos.

Doutra banda, é preciso que aumente o Salario Mínimo Interprofesional, porque a súa conxelación é inxusta, para os traballadores e traballadoras que menos gañan, e contraproducente para a economía e o emprego e acordar, canto antes, un novo Acordo para o Emprego e a Negociación Colectiva que substitúa ao que finalizou o 31 de decembro.

O Sindicato considera que as organizacións empresariais deberían abandonar a actitude de bloqueo e apoiar estas dúas actuacións, tal e como fixeron ata o de agora cos acordos sobre ERTE.

UGT-Galicia lembra que o impacto da pandemia non pode ocultar os desequilibrios esenciais do noso mercado laboral, sobre todo, a elevada precariedade, que fai que moitos empregos sexan fráxiles, volátiles e pouco produtivos. Neste sentido, é urxente acometer a derrogación da reforma laboral de 2012, como paso previo para construír un novo marco laboral máis equilibrado e eficiente, que permita que a próxima reactivación realícese sobre a base da creación de emprego de calidade, estable, seguro, máis produtivo e mellor retribuído.

Baixando á realidade estatística, a cifra de desemprego sitúase en Galicia no mes de decembro en 189.587, medra con respecto a novembro en 2.115, 1,13% (menos acusada é no conxunto do Estado, que medra o 0,96%).

En termos interanuais, o desemprego increméntase en 24.279 persoas, o 14.69% máis en Galicia, e 724.532 parados máis no Estado, máis acusado na media estatal, o 22.9%. As cifras falan por si mesmas, 189.587 desempregados en Galicia e 3.888.137 no Estado.

O incremento do desemprego en Galicia en termos interanuais sitúase ó ritmo da crise de 2008

O aumento en Galicia do desemprego en termos interanuais, como se comproba no cadro de evolución, sitúase nos volumes de crecemento da crise do 2008.

Ano

Decembro

VAR. Mensual 

Var. Interanual

2007

154.982

1,5

-3,5

2008

189.903

5,0

22,5

2009

222.839

2,8

17,3

2010

237.313

2,4

6,5

2011

258.234

1,9

8,8

2012

278.787

0,8

8,0

2013

271.063

0,1

-2,8

2014

251.918

1,3

-7,1

2015

228.808

1,6

-9,2

2016

205.914

1,2

-10,0

2017

185.013

-1,2

-10,2

2018

169.295

-0,6

-8,5

2019

165.308

-0,2

-2,4

2020

189.587

1,1

14,7

Galicia

Estado

2020/Decembro

189.587

3.888.137

Variación absoluta mes anterior

2.115

36.825

Variación relativa

1,13

0,96

Variación absoluta mismo mes del año anterior

24.279

724.532

Variación relativa

14,69

22,90

Entre os máis mozos, hai 9.237 menores de 25 anos desempregados, caendo considerablemente o paro, o 12.43% (a temporada de Nadal) pero medrando nada menos que o 20.71% no ano, seis puntos máis que no conxunto de idades.

Por sexos, o incremento do desemprego no mes nos homes foi do 2.47%, fronte ao menor incremento nas mulleres, 0.12%. No ano, os aumentos son realmente preocupantes, afectando neste caso tamén máis aos homes, 14.91% de aumento de desemprego masculino, e 14.52% do feminino.

Non obstante, non se pode esquecer que en termos estruturais as mulleres seguen a representar nada menos que o 56.6% do total de desemprego en Galicia, afecta a un total de 107.238 mulleres en Galicia, fronte a 82.349 homes.

 

Menores 25 anos

Homes

Mulleres

2020/ Decembro

9.237

82.349

107.238

Variación absoluta mes anterior

-1.311

1.985

130

Variación relativa

-12,43

2,47

0,12

Variación absoluta mismo mes del año anterior

1.585

10.683

13.596

Variación relativa

20,71

14,91

14,52

 

No mes, ao analizar por sector de actividade, hai aumento en todos, salvo no colectivo de sen emprego anterior. Dáse un incremento acusado na construción, 6,44% máis no mes (é habitual a finalización de contratos neste sector neste mes), 3,92% máis na industria, aumento do 4,69% no primario e do 0,6% nos servizos, Polo contrario, cae o 3.98% no colectivo de sen emprego anterior.

No ano, todos os sectores aparecen prexudicados, destacando o colectivo de sen emprego anterior, co 18.48%, 2.471 desempregados máis, e o sector primario, con 17.37% máis. En termos absolutos, o desemprego ten maior incidencia nos servizos, 18.302 desempregados máis, 16.2% máis nun ano. Xa só as cifras de desemprego nos servizos son preocupantes, 131.281. Na industria nada menos que 20.459, na construción 14.618, no colectivo de sen emprego anterior 15.844 e no primario 7.385.

 

 

Paro total

Agricultura / Gandería

Industria

Construción

Servizos

Sen emprego anterior

2020/Decembro

189.587

7.385

20.459

14.618

131.281

15.844

Variación absoluta mes anterior

2.115

331

772

885

783

-656

Variación relativa

1,13

4,69

3,92

6,44

0,60

-3,98

Variación absoluta mismo mes del año anterior

24.279

1.093

1.880

533

18.302

2.471

Variación relativa

14,69

17,37

10,12

3,78

16,20

18,48

 

En termos provinciais o paro medra no mes e no ano en todas as provincias. Na que máis no mes, en termos absolutos e relativos, en Pontevedra. No ano, danse fortes crecementos en todas, nas que máis: 16,9% en Lugo, 16.1% en A Coruña, 15.6% en Ourense e 12.5% en Pontevedra.

Por provincias

DEcembro /2020

Var. Absoluta mes

Var. % mes

Var. Absoluta ano

Var. % ano

A Coruña

76.311

248

0,3

10.564

16,1

Lugo

18.928

142

0,8

2.730

16,9

Ourense

21.218

154

0,7

2.859

15,6

Pontevedra

73.130

1.571

2,2

8.126

12,5

 

A contratación cae con contundencia, en máis de 20.000 nun ano

Cos datos de decembro compróbase que tan só se realizaron 57.472 contratos, contraéndose con contundencia, caen en 20.326 nun ano.

Total contratos

2020/Decembro

57.472

Variación absoluta mes anterior

-3.839

Variación relativa

-6,26

Variación absoluta mismo mes del año anterior

-20.326

Variación relativa

-26,13

Se nun ano cae a contratación temporal en 19.813 contratos, danos unha idea de que nin a contratación temporal estase utilizando, máis nunha temporada como o Nadal.

En canto á taxa de cobertura por desemprego, esta é do 69,7% (dato de novembro, o último dispoñible). As persoas beneficiarias de prestacións de desemprego sitúanse en 119.104. Destas, hai un considerable número de persoas beneficiarias de prestación contributiva, 65.943, o 55.4%.. Isto indica que hai unha considerable perda de empregos que estaban cotizando, e cotizando por desemprego, non constan aqueles que non tiveran cotización por desemprego.

Novembro

Prestación contributiva

subsidio

renda activa de inserción

Totais

GALICIA

65.943

46.307

6.854

119.104

Por outra banda, a afiliación á Seguridade Social (media mensual) sitúase en Galicia no mes en 1.002.161. Así, rexístrase unha perda no mes e no ano, do -0,76% e -1,77%, respectivamente. No Estado a afiliación (media mensual) é de 19.048.433 pero medra no mes, o 0,14%, polo contrario tamén no ano amósase a forte caída das afiliacións/cotizacións, o 1,86% menos (360.105 menos).

 

Galicia

Estado

2020/Decembro

1.002.161

19.048.433

Variación absoluta mes anterior

-7.723

26.432

Variación relativa

-0,76

0,14%

Variación absoluta mismo mes del año anterior

-18.098

-360.105

Variación relativa

-1,77

-1,86%

Finalmente, en relación ós ERTE, en Galicia hai no mes de decembro de 2020 (media mensual) 35.075 traballadores e traballadoras en ERTE, deles, 22.374 acóllense ó RDL30/2020. O resto, 3.428, non son de forza maior e 9.274 si.

GALICIA

Decembro 2020

VARIACIÓN SOBRE

Mes anterior

Mesmo mes ano anterior

%

%

DESEMPREGO

Nº persoas paradas

189.587

2.115

1,13

24.279

14,7

* homes

82.349

1.985

2,47

10.683

14,9

* mulleres

107.238

130

0,12

13.596

14,5

* mozos e mozas < 25 anos

9.237

-1.311

-12,4

1.585

20,7

Por sectores*          
* agricultura

7.385

331

4,7

1.093

17,4

* industria

20.459

772

3,9

1.880

10,1

* construción

14.618

885

6,4

533

3,8

* servizos

131.281

783

0,6

18.302

16,2

* sen emprego anterior

15.844

-656

-4,0

2.471

18,5

Persoas beneficiarias prestación por desemprego (novembro)

119.104

Taxa de cobertura prestación por desemprego (novembro)

69,66

Por provincias

A Coruña

76.311

248,0

0,3

10.564,0

16,1

Lugo

18.928

142,0

0,8

2.730,0

16,9

Ourense

21.218

154,0

0,7

2.859,0

15,6

Pontevedra

73.130

1.571,0

2,2

8.126,0

12,5

CONTRATACIÓN          
Nº contratos

57.472

-3.839

-6,3

-20.326

-26,1

* indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos)

5.163

-9

-0,2

-513

-9,0

* temporais

52.309

-3.830

-6,8

-19.813

-27,5

AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL        

Nº persoas afiliadas/cotizantes (datos provisionais)

1.002.161

-7.723

-0,8

-18.098

-1,8

Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do Ministerio de Trabajo y Economía Social e do Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones