Chega ao Teatro Afundación de Vigo a versión musical do éxito da literatura xuvenil Los futbolísimos

Los futbolísimos, el musical poderase ver o vindeiro sábado 15 de febreiro, a partir das 17.00 h
Publicado por o día 03/02/2020 na sección de Galicia,Cultura,Eventos,Vigo

Chega ao Teatro Afundación de Vigo a versión musical do éxito da literatura xuvenil Los futbolísimos

Afundación, a Obra Social de ABANCA, albergará na representación da versión musical do éxito literario Los futbolísimos na cidade de Vigo. Los futbolísimos, el musical poderase ver o vindeiro sábado 15 de febreiro, a partir das 17.00 h, no Teatro Afundación de Vigo. As entradas pódense adquirir na web Ataquilla.com.

Por fin o maior éxito da literatura infantil e xuvenil en España dos últimos anos dá o salto aos escenarios. Dez actores e actrices en escena, unha banda sonora pegadiza e inesquecible, proxeccións láser con ilustracións orixinais especialmente creadas para este espectáculo, números musicais que farán gozar a toda a familia, e por suposto, unha nova historia chea de valores positivos na que o deporte, a música e a emoción van da man.

Los futbolísimos son nove nenos e nenas que xogan ao fútbol e resolven misterios. Esta historia comeza dez anos despois da última vez que se viron, cando reciben unha misteriosa carta e teñen que volver vestirse de curto, resolver unha intriga imposible e converterse en nenos outra vez!