A ILP en defensa dos bosques, unha onda de esperanza fronte ao lume a ao eucalipto
An máis de 42000 sinaturas acadadas por esta iniciativa en defensa dos bosques autóctonos, unha das máis apoiadas da historia, dan a medida do interese e preocupación que a cuestión forestal desperta na sociedade galega. Ducias dos colectivos máis diversos e centos de actos por todo o país puxeron no foco o futuro do monte galego e no modelo forestal imperante, baseado na hexemonía do eucalipto, sinalando tamén alternativas. A negativa do PP e a abstención do PSOE furtaron outra oportunidade de darlle un respiro aos ecosistemas forestais galegos, de novo en perigo pola segunda vaga eucaliptizadora que ven da man dos cultivos enerxéticos.
O feito de que o PP vetara a participación dos ecoloxistas na Comisión parlamentaria para a investigación dos lumes, dá conta da estratexia do lobby pasteiro-enerxético e os seus valedores políticos: prohibido dar testemuña da desfeita.
Obxectivos 2019: Ás dinámicas sociais xeradas arredor desta ILP queremos darlle continuidade este ano co proceso de debate e resposta ao novo Plano Forestal.
Referenzas das actuacións de ADEGA:
- Bota a andar a recollida de sinaturas da ILP do bosque autóctono e contra a eucaliptización: http://www.adega.gal/novas.php?id=679&idioma=gl&sec=209
- Unanimidade no Comité Científico do Ministerio: os eucaliptos son especies exóticas e invasoras e deberían erradicarse: http://www.adega.gal/novas.php?id=714&idioma=gl&sec=209
- Entidades e colectivos que promovemos a ILP en defensa dos bosques entregamos 42.561 sinaturas no Parlamento: http://www.adega.gal/novas.php?id=733&idioma=gl&sec=209
- Máis de 70 colectivos esiximos conxuntamente a retirada do novo Plano Forestal: http://www.adega.gal/novas.php?id=749&idioma=gl&sec=209
- Rexeitada no Parlamento a toma en consideración da ILP en defensa do bosque autóctono: http://www.adega.gal/novas.php?id=768&idioma=gl&sec=209
- O PP non quere ecoloxistas na Comisión dos Lumes: http://www.adega.gal/novas.php?id=683&idioma=gl&sec=209
Mina de Touro: nova ameaza da minaría colonial e resposta social contundente
A reactivación do vello proxecto mineiro de Touro tenta reproducir tamén algúns modelos caducos de explotación de recursos. Malia á camuflaxe é a propaganda dos promotores, o traballo dos colectivos ecoloxistas e sociais dirixiuse nun primeiro momento a debruzar a letra pequena –e non tan pequena- do proxecto, amosando as súas posíbeis consecuencias. Dar a coñecer esta realidade, con datos e información independente, tentando deslocalizar a resposta social e comnsegir implicar na problemática a importantes sectores produtivos como a pesca e o marisqueo da ría de Arousa, foron algúns dos obxectivos conseguidos.
Obxectivos 2019: Para complementar a fronte social e institucional contra o proxecto de Touro tentaremos abrir tamén a vía xudicial.
Referenzas das actuacións de ADEGA:
- As hipotecas ambientais da mina de Touro: enxurrada de metais tóxicos baixan polo Ulla cara a ría:http://www.adega.gal/novas.php?id=712&idioma=gl&sec=209
- Informes sectoriais da Xunta subliñan graves riscos para a saúde e o ambiente do chafalleiro proxecto de Touro:http://www.adega.gal/novas.php?id=731&idioma=gl&sec=209
- Augas de Galiza confirma a contaminación de todos os ríos arredor da mina de Touro-O Pino: http://www.adega.gal/novas.php?id=730&idioma=gl&sec=209
- Mina de Touro: a empresa recoñece a grave contaminación provocada pola mina mais teima en reabrila: http://www.adega.gal/novas.php?id=765&idioma=gl&sec=209
Residuos: empeñados en soterrar ou empeñados en compostar
O modelo SOGAMA propougado pola Xunta e os seus socios eléctricos segue metastatizándose e mutando a un tempo. Durante o pasado ano aconteceron varios intentos de reproducir, baixo varios proxectos pantalla, aqueles elementos dos que SOGAMA máis renegou e presumíu eliminar: os vertedoiros de lixo. Lousame, Ordes, Teo… todos fillos indesexados de SOGAMA e todos obxecto dunha contundente resposta social.
No entanto, os proxectos de compostaxe a variada escala avanzan imparábeis. Baseados na experiencia de anos das organizacións ecoloxistas, animados por unha boa resposta social e polos ventos que sopran dende Europa, onde cada vez son máis estritas as esixencias para a reciclaxe das fraccións e a compostaxe da materia orgánica, as iniciativas de compostaxe doméstica e comunitaria multiplícanse polo país. O exemplo máis avanzado é o do concello de Allariz, onde todas as persoas poden compostar os seus residuos, hai 25 áreas de compostaxe comunitaria en funcionamento, recollida porta a porta de residuos orgánicos e vidro na hostelería e compostaxe caseira no rural.
Obxectivos 2019: Consolidar os novos proxectos de compostaxe e estendelos a novos ámetos, poñendo de manifesto o cada vez máis fracasado modelo SOGAMA.
Referenzas das actuacións de ADEGA:
- Compostaxe 1, vertedoiros 0: Denegada a autorización ambiental para o macrovertedoiro de Lousame!: http://www.adega.gal/novas.php?id=726&idioma=gl&sec=209
- Planta de reciclaxe de orgánicos de Teo: economía circular ou vertedoiro encoberto?: http://www.adega.gal/novas.php?id=729&idioma=gl&sec=209
- O Plan REVITALIZA permitirá ao concello de As Neves compostar todo o lixo orgánico da veciñanza a primeiros de 2019: http://www.adega.gal/novas.php?id=744&idioma=gl&sec=209http://www.adega.gal/novas.php?id=776&idioma=gl&sec=209
- Reparto de composteiros individuais en Santiago de Compostela: http://www.adega.gal/novas.php?id=765&idioma=gl&sec=209
- Nova oferta de actividades de Educación Ambiental do programa ´O lixo dende o teu concello´: http://www.adega.gal/novas.php?id=734&idioma=gl&sec=209
- Reduce os residuos na túa casa, nas túas festas, no teu barrio!!: http://www.adega.gal/novas.php?id=763&idioma=gl&sec=209
- A incineración é unha estafa: Máis de 50 plataformas en todo o Estado asinan unha declaración contra a incineración: http://www.adega.gal/novas.php?id=761&idioma=gl&sec=209
- Crónica da xornada participativa sobre a compostaxe en Allariz: http://www.adega.gal/novas.php?id=747&idioma=gl&sec=209
O lobo galego, na encrucillada
As insuficientes políticas preventivas e compensatorias para dimuir os ataques e restituir as perdas á cabana gandeira teñen como consecuencia a precarización da situación do lobo, sinalado novamente como principal causa do fracaso dalgunhas explotacións. A responsabilidade da administración na xestión desta especie emblemática resulta chave para facilitar a convivencia co lobo no rural e desactivar os conflitos. Porén, dende as organizacións ambientalistas esiximos medidas suficientes á altura desta responsabilidade, ao tempo que tentamos desmontar vellos clichés que tentan poñer ao lobo no albo, mentres se ignora a responsabilidade que algunhas explotacións e mesmo medios teñen na criminalización social desta especie.
Obxectivos 2019: Levantar figuradamente a absurda barreira xeográfica que permite a caza ou “xestión” do lobo Douro arriba, e que este carnívoro acade en Galiza a protección que merece.
Referenzas das actuacións de ADEGA:
- Outro lobo aparece morto por disparos preto dun recente ´campionato´ de raposo: http://www.adega.gal/novas.php?id=698&idioma=gl&sec=209
- ADEGA reclama políticas e recursos para protexer o lobo e favorecer a súa coexistencia coa gandería: http://www.adega.gal/novas.php?id=743&idioma=gl&sec=209
- ADEGA solicita da Xunta a posta en marcha inmediata dun protocolo de manexo preventivo para explotacións gandeiras afectadas polo lobo: http://www.adega.gal/novas.php?id=759&idioma=gl&sec=209
Urbanismo: o dinosauro de cemento aínda segue aí
Semella que a burbulla inmobiliaria aconteceu nun pasado remoto e que os seus efectos xa están amortizados. Porén, fican aínda unha manchea de cadáveres estrados polo país ou submersos nas lameiras xudiciais. Algúns dos que aínda emerxen á superficie exemplifican o absurdo dun modelo territorial suicida, alentado con inxentes cantidades de cartos públicos. Se aínfa fican aí, foi por mor da teima dalgunhas entidades que como ADEGA non renunciamos a que a lei fora igual para todos/as e a sinalar que aquelas desfeitas tiñan culpábeis, exixindo responsabilidades.
Obxectivos 2019: A sentenza do “Caso Barreiros” vai marcar un antes e un despois na xestión urbanística do territorio. Agardemos que sexa exemplar, e non outro exemplo de xustiza lenta e discriminatoria que deixe os delictos impunes.
Referenzas das actuacións de ADEGA:
- O TSXG ratifica 12 anos despois a ilegalidade dunha urbanización de 69 adosados na Frouxeira:http://www.adega.gal/novas.php?id=718&idioma=gl&sec=209
- Caso Barreiros: A xustiza sentaría un mal precedente para o urbanismo galego se non condena ao alcalde:http://www.adega.gal/novas.php?id=766&idioma=gl&sec=209
Eólicos: evitar un novo reparto do botín
Unha nova enxurrada de parques eólicos vén da man das altas rendibilidades que para as eléctricas teñen estas enerxías. Aproveitando tamén milloras técnicas, com maiores remdementos e custos máis baixos, novos parques eólicos pilan por instalarse no país reproducindo os erros da época fraguiana: todas as facilidades para o oligopolio, e novos impactos e “agravio eléctrico” para a cidadanía. Pola súa banda a Xunta fixo todo o posíbel, lei de Depredación mediante, par deixar de novo o camiñpo expedito ás empresas. Costa da Morte, Coristanco, Ordes, Touro, Mesía, Frades… moitos destes parques ameazan interesantes espazos e mesmo sectores produtivos autóctonos.
Obxectivo 2019: Facer seguemento destas novas instalacións, moitas delas artificialmente fragmentadas e tramitadas fraudulentamente, dotando á cidadanía de información e criterios para facerlles fronte.
Referenzas das actuacións de ADEGA:
- Tres fraudulentos parques eólicos ameazan flora endémica en perigo de extinción: http://www.adega.gal/novas.php?id=737&idioma=gl&sec=209
- O Tribunal Supremo declarou ilegal a fragmentación de parques eólicos como os de Ordes ou Coristanco: http://www.adega.gal/novas.php?id=746&idioma=gl&sec=209
O patrimonio histórico-arqueolóxico no rural, ameazado pola maquinaria eucaliptizadora e o cemento
A biodiversidade autóctona non é a única ameazada pola mercantilización do monte galego. O “deserto verde” que traen os monocultivos de eucalipto esténdese tamén sobre a riqueza patrimonial e cultural do rural galego. Elementos arqueolóxicos danados (mámoas, castros…), paisaxes culturais luxados (Pedregal de Irimia) ou mesmo os camiños históricos non están a salvo dos efectos do eucalipto e do cemento. A falla de compromiso das administracións encargadas de tutelar este acervo común fai que sexamos os colectivos sociais os que teñamos que defendelo, mesmo pola vía xudicial.
Obxectivos 2019: Seguemento e ampliación das iniciativas xudiciais en defensa do patrimonio cultural ameazado.
Referenzas das actuacións de ADEGA:
- Os Castros de Barreiros, novo xacemento danado pola industria eucalipteira: http://www.adega.gal/novas.php?id=697&idioma=gl&sec=209
- Danada unha mámoa de Pena Grande por unha plantación de eucaliptos: http://www.adega.gal/novas.php?id=735&idioma=gl&sec=209
- ADEGA e Mariña Patrimonio denuncian na Fiscalía a destrución do Castro de Trinidade: http://www.adega.gal/novas.php?id=750&idioma=gl&sec=209
- Denunciada ao ICOMOS a cimentación do Camiño Primitivo ao seu paso pola Fonsagrada: http://www.adega.gal/novas.php?id=739&idioma=gl&sec=209
Espazos naturais e voluntariado: avante coa custodia!
Non renunciamos a que a rede galega de espazos protexidos acade a dimensión e a protección acorde á súa riqueza. Alén de seguirmos reivindicando o alongamento da RN2000 e a dotación de instrumentos de xestión para os espazos e especies, pulamos por incorporar novos espazos de inyterese a figuras de proteccido teoritorio. figuras de protecci de espazos protexidos acada a dimensión “non canónicas”, como a custodia do territorio. Ríos, fragas, praias, microrreservas… están xa a ser xestionadas baixo esta figura “branda” que elimina un dos principais factores de distorsión para a consecución dos obxectivos ambientais nestes espazos: a administración.
Obxectivo 2019: Alongar a rede de espazos custodiados ao tempo que reclamamos protección efectiva das figuras de protección ambiental de hábiats e especies.
Referenzas das actuacións de ADEGA:
- A Fraga de Catasós debe ampliarse para garantir a súa preservación e integridade:http://www.adega.gal/novas.php?id=678&idioma=gl&sec=209
- Presentadas alegacións ao Plano Reitor de Uso e Xestión das Fragas do Eume e Corrubedo: http://www.adega.gal/novas.php?id=780&idioma=gl&sec=116
- Custodiando o Sobreiral do Arnego: http://www.adega.gal/novas.php?id=702&idioma=gl&sec=209 http://www.adega.gal/novas.php?id=723&idioma=gl&sec=209
- 861 persoas retiran máis de 10 tn de residuos na XI Limpeza simultánea de ríos do Proxecto Ríos: http://www.adega.gal/novas.php?id=748&idioma=gl&sec=209
- Máis de 500 voluntarias/os e 4000 Kg de lixo, balanzo da VII Limpeza Simultánea de praias: http://www.adega.gal/novas.php?id=764&idioma=gl&sec=209
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.