Este luns, 1 de xaneiro,deuse a coñecer a listaxe de premiados no Challenge International du Vin, o maior certame internacional de viño dos que se organizan en Francia.
En total, os viños de España alzáronse con 110 distincións de ouro, 57 de prata e 22 de ouro. Galicia destacou este ano con 13 distincións: 9 de ouro, dúas de prata e outras dúas de bronce.
Viños galegos premiados:
Ouro:
-Gran Alanís 2016. Denominación de Orixe Ribeiro. Viño Branco. Adegas Gran Alanís.
-As Laxas 2016. Viño branco da DO. Rías Baixas. Adegas As Laxas.
-Guitián fermentado en barrica 2014. DO. Valdeorras. Viño Branco. Adega A Tapada.
-Just B 2015. DO. Rías Baixas. Viño branco. Adega de María Belén Varela Gestoso, Cambados
-Finca Garabelos 2015. Viño branco do D.O. Rías Baixas. Bodega Notas Frutales de Albariño SL (Crecente)
-Ramón do Casar 2016. Viño branco do D.O. Ribeiro. Adega Ramón do Casar.
-Linar de Vides Albariño 2015. Viño branco da DO. Rías Baixas. Adega Señorío de Rubiós SL (As Neves )
-Valtea 2016. Viño branco do D.O. Rías Baixas. Adega Vilarvin SL, (Crecente)
-Espumoso Valtea Cuvee Especial 1a5. Viño espumoso amparado pola D.O. Rías Baixas. Adega Vilarvin SL
Prata:
-Contrapunto Albariño 2016. Viño branco da D.O. Rías Baixas. Adega Agro de Bazán SA (Vilanova de Arousa).
-Feitizo da Noite 2015. Viño espumoso branco da D.O. Rías Baixas. Adegas Pablo Padín, SL. (Meaño).
Bronce:
-Aqvitania 2016. Viño branco da D.O. Rías Baixas. Adegas Aquitania SL Cambados
-Porta da Ría 2016. Viño branco da D.O. Rías Baixas. Adega Reitoral do Umia
Consulta aquí a listaxe completa de viños premiados
Un concurso de prestixio internacional
Cada ano na primavera, durante dous días, máis de 5000 viños procedentes de 37 países son degustados en Bordeus – Francia por preto de 700 profesionais e consumidores afeccionados no Challenge International du Vin, o máis antigo dos grandes concursos de viños internacionais.
Tamén é o maior concurso internacional de viño organizado en Francia e con certificación ISO 9001 versión 2008. Esta certificación inscríbese nunha xestión cualitativa desde hai moito tempo e certifica a seriedade e a tecnicidade da organización.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.