Lídia Senra, eurodeputada galega integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) e representante do mesmo na Asamblea Paritaria da Unión Europea para África, Caribe e Pacífico (ACP-UE) participa durante esta semana en Cuba nunha delegación do GUE/NGL composta por nove eurodeputadas/os.
Na xornada de onte desenvolvéronse a principais xuntanzas ca Asamblea Nacional de Poder Popular (ANPP), á que se engadiu unha reunión co Presidente da Comisión de Asuntos Xurídicos e Constitucionais da ANPP, o deputado José Luis Toledo.
A continuación a Comisión de Economía da ANPP trasladou as claves principais das consecuencias derivadas do bloqueo económicoimposto polos Estados Unidos de América dende a década dos anos sesenta.
A xornada de hoxe comezará cunha reunión con representantes do Ministerio de Relacións Exteriores, que dará paso a xuntanzas centradas no ámbito sanitario, nomeadamente co Presidente da Comisión de Saúde da Asamblea Nacional, e as visitas ao Cardiocentro William Soler e ao Centro Nacional de Cuba para a Educación Sexual. Finalizará cunha reunión co Comité Central do Partido Comunista de Cuba.
A delegación concluirá mañá venres. Pola maña terá lugar un intercambio de opinións co Ministerio de Cultura e a Comisión de Educación, Cultura, Ciencia, Tecnoloxía e Medio Ambiente e pola tarde un encontro con organizacións da sociedade civil na Asociación Cubana de Naciones Unidas.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.