Desde 2012, o cadro de persoal foise reducindo, pero non diminuíu na mesma proporción a carga de traballo. Coa pandemia da covid-19, menos persoas tiveron que facer fronte a moitas máis tarefas, provocando a saturación do persoal.
Isto, sumado á precaridade laboral —máis da metade do persoal é interino—, explica por que Política Social é a Consellaría con máis accidentes de traballo de toda a Xunta.
Dez meses despois de comezar a pandemia, o departamento que dirixe Fabiola García non foi capaz de poñer en marcha un plan de continxencia nas residencias da súa competencia. «A comunicación non flúe, descoñécese a día de hoxe a afectación sobre persoal e persoas usuarias», critican os sindicatos. Asemade, plan de vacinación «debe ser “de alto segredo”, porque non coñecemos nin a súa previsión ou calendarización».
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.