🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

O desemprego entre os xornalistas aumentou un 25% ao remate do 2020

Os datos do Servicio de Emprego Público Estatal correspondentes a decembro de 2020 recollen un 25% máis de xornalistas parados rexistrados fronte ao mesmo mes do ano anterior, con especial incidencia entre as mulleres. Mesmo sen reflectiren todos os casos de profesionais en desemprego, as estatísticas mostran como a crise da Covid-19 afectou laboralmente á profesión […]

O balance do 2020 realizado pola Plataforma en Defensa da Liberdade de Información considera que existiron ameazas graves á liberdade de expresión en España nun ano que non viu melloras nesta cuestión e no que a situación precedente foi agravada pola crise sanitaria da Covid-19. A Plataforma en Defensa da Liberdade de Información (PDLI) vén de facer […]

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia recolle nun fío datos e ferramentas para informar sobre o suicidio

Así, o fío recolle que Galicia continúa a ser a segunda comunidade autónoma con maior taxa de suicidios (10,14 por cada 100.000 habitantes), aínda que no 2018, por primeira vez desde hai 7 anos, o número de suicidios baixou das 300 defuncións ao ano. Esta diminución prodúcese nun dos momentos nos que máis se está a falar […]

A Federación Internacional de Xornalistas (FIP) vén de facer públicos os resultados dunha enquisa realizada a mulleres xornalistas de 52 países. O estudo revela que a crise sanitaria incrementou as desigualdades de xénero nos medios de comunicación, e máis da metade das xornalistas consultadas asegura que se viron prexudicadas na conciliación da vida laboral e privada (62%), nas súas responsabilidades laborais (46%) ou nos […]

Xuntanza do Colexio de Xornalistas con representantes do Bloque Nacionalista Galego

Os membros da Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia Xaime Leiro Darriba e Ana González Liste reuníronse este venres en Santiago de Compostela cunha representación do Bloque Nacionalista Galego formada por Olalla Rodil, portavoz parlamentaria deste partido na Comisión de control da CRTVG, Xavier Campos, secretario xeral de comunicación, e Goretti Sanmartin, coordinadora da Executiva […]

Representantes do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia reúnense con Iria Figueroa, número 2 por Pontevedra de Galicia En Común

Nunha xuntanza realizada este venres con motivo das próximas eleccións galegas, os membros da Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia Xaime Leiro e Eliana Martíns insistíronlle a Iria Figueiroa, número dous da candidatura de Galicia En Común – Anova Mareas pola provincia de Pontevedra, na necesidade de resolver politicamente os problemas que afectan á profesión da nosa […]

As televisións públicas presentan os planos de cobertura das eleccións autonómicas

Tanto a Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) como a Radiotelevisión Española (RTVE) presentaron a pasada semana os seus respectivos planos de cobertura das próximas eleccións autonómicas galegas que se celebrarán o vindeiro 12 de xullo. Ambos os dous planos foron aprobados este sábado pola Xunta Electoral de Galicia. O plano de cobertura da CRTVG propón a realización dun único debate electoral entre os principais líderes, coa […]

O Colexio de Xornalistas volve reclamar aos principais partidos que resolvan os problemas do xornalismo en Galicia

Na misiva trátanse as principais cuestións que seguen a marcar o xornalismo en Galicia, como a aprobación do Estatuto do Xornalista Profesional e a Lei de Garantías do Dereito á Información da Cidadanía, o modelo de medios públicos, a xestión da información electoral, as axudas aos medios e a publicidade institucional, os dereitos das mulleres ou a […]

O Colexio de Xornalistas lamenta o recurso do Goberno contra a indemnización á familia Couso e ínstao a garantir a seguranza dos xornalistas de guerra

Como lembraban no momento de se producir o ditame da Audiencia Nacional, esta sentenza significaba “a primeira admisión oficial da indefensión da família Couso e o recoñecemento da inacción da Administración ante o asasinato do xornalista galego”, mais non podía significar “nin o esquecemento deste crime de guerra nin o abandono da loita por que se […]

Os medios de comunicación nos acordos de investidura do novo goberno de España

Repasamos os puntos relativos ao xornalismo nos acordos que levaron á investidura de Pedro Sánchez como presidente do Goberno de España. O aumento das desconexións galegas nos medios públicos estatais, a recepción das radios e televisións portuguesas, mudanzas no modelo de renovación do Consello de Administración da RTVE ou a creación dunha estratexia de loita […]

Paolo Berizzi, Marta Peirano e Edith Rodríguez, na xornada Desinformación e ameazas á liberdade de expresión, que o Colexio de Xornalistas organiza este xoves

Os novos movementos extremistas en Europa, as fake news, as ameazas para a información no mundo dixital ou as estratexias de fact-checking serán alguns dos temas que se debaterán este xoves na xornada Desinformación e ameazas á liberdade de expresión: Retos do xornalismo ante a irrupción dos extremismos. O Colexio organiza este acto, que conta coa colaboración da Facultade […]

O tratamento informativo da violencia machista: 15 anos da Declaración de Compostela

O 16 de outubro de 2004 máis de setenta xornalistas e axentes sociais asinaban a Declaración de Compostela, un documento que recoñecía a responsabilidade dos medios de comunicación na loita contra a violencia machista e que ofrecía unha guía para a práctica informativa diaria. Unha iniciativa impulsada polo CPXG, a través do seu Observatorio de Medios. […]